InicioSucesosUn condutor dáse á fuga en Lugo tras causar un accidente con...

Un condutor dáse á fuga en Lugo tras causar un accidente con tres vehículos implicados

Durante esta pasada fin de semana, en Lugo, detectáronse dous casos de persoas que circulaban baixo os efectos do alcol e que provocaron sinistros múltiples.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un condutor deuse á fuga o pasado venres tras causar un accidente con tres vehículos implicados na rúa Doutor Portela de Lugo.

Segundo informou este luns a Policía Local de Lugo, o sinistro tivo lugar ás 14:30 horas do pasado venres e o presunto responsable abandonou o lugar “de forma precipitada” e poñendo en risco aos peóns que había na zona.

MÁIS CASOS

Ademais, na madrugada do venres, outro condutor que manexaba o seu vehículo baixo os síntomas do alcol provocou un accidente no que se viron implicados dous coches.

Dous días máis tarde, na madrugada do domingo 19 de xaneiro, outro accidente de circulación no centro de Lugo saldouse con seis coches involucrados e danos no mobiliario urbano. O presunto responsable do sinistro arroxou un positivo de 0,83 na proba de alcoholemia, polo que se instruíron dilixencias por un delito contra a seguridade viaria na súa modalidade de xuízo rápido.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...