InicioEconomíaUnha traballadora do matadoiro de Castro, despedida "como represalia" pola súa actividade...

Unha traballadora do matadoiro de Castro, despedida “como represalia” pola súa actividade sindical

O Grupo Sada, que posúe un matadoiro de aves e coellos, alegou incumprimentos no desenvolvemento da actividade da empregada.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Intersindical Galega (CIG) denunciou o despedimento dunha traballadora na factoría Sada PA Castilla Galicia S.A. de Castro de Rei como “represalia” pola súa participación como candidata nas eleccións sindicais do pasado 11 de decembro.

Nun comunicado remitido aos medios, a CIG sinala que na factoría de Castro Ribeiras de Lea do Grupo Sada, o matadoiro de aves e coellos máis grande de Lugo, celebráronse eleccións sindicais nas que resultou gañadora a central nacionalista, en cuxa candidatura figuraba a traballadora. “A traballadora afectada foi despedida sen ningún tipo de xustificación, o que alimenta as sospeitas de que claramente é unha represalia pola súa participación no procedemento electoral na candidatura da CIG”, asegura.

A CIG sinala que, no seu despedimento disciplinario, a empresa alegou incumprimentos no desenvolvemento da súa actividade, uns feitos que considera “completamente falsos” cando a traballadora levaba “algún tempo en situación de baixa médica, tras a cal se lle aplica o goce das vacacións pendentes”. Con todo, apunta que o mesmo día da súa incorporación ao posto de traballo foi despedida.

VINGANZA POLA ACTIVIDADE DA CIG

O sindicato nacionalista tamén cre que o despedimento supón unha ameaza ao conxunto do persoal, así como unha postura de forza ante a posición da CIG polos despedimentos inxustificados no momento no que se asumiu o persoal da falsa cooperativa Servicarne en 2019. “Lembramos que Sada foi unha das últimas empresas en asumir a incorporación formal deste persoal e para isto simulou un falso proceso selectivo denunciado por esta central sindical”, sinala.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...