InicioCulturaO "frechazo" de Feijóo con Benedicta Sánchez: "É un exemplo para os...

O “frechazo” de Feijóo con Benedicta Sánchez: “É un exemplo para os galegos”

A actriz do Corgo acudiu a un acto na Cidade da Cultura e recoñeceu que para ela "isto é moito máis importante ca Cannes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

“Un frechazo”. Así definiu o presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, o que sentiu ao coñecer a Benedicta Sánchez, a actriz do Corgo que con máis de 80 anos gañou o Premio Goya á Actriz Revelación polo seu papel en ‘O que Arde’ (Óliver Laxe). Para Feijóo, quen eloxiou o seu “traballo e humildade”, Benedicta é “un exemplo para todos os galegos”.

“Benedicta representa na súa persoa algunha das cousas máis importantes de Galicia”, proclamou Feijóo, quen recibiu á actriz no Museo da Cidade da Cultura. E é que, ao seu modo de ver, ela representa “esa Galicia emprendedora que acredita que non hai límite de idade para triunfar”.

“O GOYA É ELA”

Feijóo chanceou con que “o único” que se lle pediu á actriz, que saíu do Corgo “ás cinco da mañá” para acudir ao acto na Cidade da Cultura, foi que levase o Goya. “Pero esquecéuselle. E que importa? Se cadra é porque o Goya é ela“, engadiu Feijóo, quen admitiu que cando coñeceu a actriz sentiu “un frechazo”. “Eu pensei en Galicia, non no Goya”, engadiu ela, entre risas, sobre o seu esquecemento.

E acerca de se o frechazo foi mutuo, Benedicta Sánchez respondeu: “Como explicar o que sentín, non teño palabras… Isto para min é moito máis importante que Cannes“, explicou que trasladou ao mandatario galego.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...