InicioEconomíaMulleres que aprenden e emprenden

Mulleres que aprenden e emprenden

O proxecto Xira Mulleres chega a Lugo por terceiro ano consecutivo para impartir unha xornada de formación gratuíta sobre emprendemento feminino.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O CEI Nodus acollerá este martes 15 de xaneiro unha nova xornada de Xira Mulleresun proxecto de formación para o emprendemento feminino. Este programa regresa a Lugo, onde celebrará a súa terceira edición grazas á colaboración entre o Concello, Fundación Mulleres e Coca-Cola.

Xira Mulleres xurdiu a finais de 2016 como un programa de balde para traballar a prol da capacitación persoal e profesional daquelas mulleres que queiran acceder ao mercado laboral, pero tamén daqueloutras que desexen facer realidade unha idea de negocio vinculada co sector da alimentación e as bebidas.

Esta iniciativa conta con tres itinerarios adaptados aos diferentes obxectivos das participantes: emprender sen unha idea de negocio desenvolta ou cunha pouco avanzada (Viaxe ao emprendemento); emprender cunha idea de negocio xa definida (Xira Mulleres Weekend); ou Empregarse, un programa para fomentar a inserción laboral por conta allea.

“Da man de entidades especializadas no empoderamento feminino, as mulleres con espírito emprendedor ou cunha idea de negocio aínda en fase incipiente terán a oportunidade de atopar o seu camiño a través das súas propias ideas, mediante unha dose extra de motivación e coñecemento”, indicou o edil de Desenvolvemento Local, Mauricio Repetto.

UNHA GUÍA PARA CONCRETAR O PROXECTO

“Pódeno facer a través de tres etapas, a primeira delas mañá, dende as 9:30 horas ata as 14:30 horas na sede do CEI Nodus”, engadiu.  Baixo o nome de ‘Atopa o teu roteiro’, os expertos guiarán as participantes para concretar os seus proxectos. A continuación, será a quenda de ‘A túa viaxe’un módulo que se complementa con 30 horas de formación online para desenvolver máis concretamente a idea de negocio. “Así, as emprendedoras coñecen en detalle os nove elementos básicos que estruturan un negocio”, subliñou Repetto.

Finalmente, os dez mellores proxectos da formación online serán seleccionados para recibir servizos de incubación e mentoría na fase ‘Acompañámoste. De entre eles, os tres máis innovadores recibirán medio ano máis de mentoría e un capital de apoio por valor de 3.000 euros para cada proxecto gañador.

+ posts

ÚLTIMAS

FAPACEL denuncia a “desatención” do alumnado con necesidades especiais pola falta de coidadores

A Federación de Asociacións de Nais e Pais de Centros Educativos de Lugo (FAPACEL)...

Produtiva reunión entre Xunta e Deputación de Lugo: “Saio con sensación moi positiva”, di a presidenta

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, mantivo este mércores pola tarde unha...

O SLG denuncia o peche de 1.500 granxas de leite en catro anos

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) celebrará este venres, 27 de marzo, o seu...

Lugo aproba o plan parcial para o desenvolvemento da Cheda, onde construirán 304 novas vivendas

O Goberno local de Lugo deu luz verde este mércores ao plan parcial para...