InicioEconomíaO paro descendeu o 1,36 % en Lugo no mes de decembro

O paro descendeu o 1,36 % en Lugo no mes de decembro

O número de contratos indefinidos reduciuse un 4'74 % en termos anuais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de parados rexistrado na provincia de Lugo no mes de decembro descendeu un 1,36 % respecto do mes anterior; isto é, hai 224 persoas paradas menos. En termos anuais, a variación foi do 0,70 % ou, o que é o mesmo, o paro baixou en 115 persoas respecto das mesmas datas do 2018.

Así se recolle no informe publicado este xoves 3 de xaneiro polo Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social. Nel tamén se dan a coñecer estatísticas referentes á contratación: en Lugo, rexistráronse 8.108 contratos no pasado decembro (un 10,6 % máis ca no mesmo mes de 2018), pero reducíronse o número de contratos indefinidos nun 4,74 %.

O informe do Ministerio tamén ofrece datos a nivel autonómico. Así, podemos saber que na comunidade galega o paro diminuíu en 3.987 persoas en termos anuais. Para ler a información completa, podes ir ao Galicia Confidencial.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Celadores do HULA denuncian o colapso de Urxencias este luns

Os e as celadoras do HULA de Lugo informan mediante unha nota de prensa...

O PP provincial pedirá reintegrar os traballadores da antiga Suplusa á Deputación

O PP esixe ao goberno provincial reintegrar na Deputación de Lugo aos traballadores de...

O PSdeG reclama á Xunta unha solución ante “a extrema gravidade” de Urxencias no HULA

A deputada do PSdeG Lara Méndez López vén de rexistrar no Parlamento unha iniciativa...

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...