InicioSociedadeA Policía Local de Lugo presentou case 400 denuncias por exceso de...

A Policía Local de Lugo presentou case 400 denuncias por exceso de velocidade en dous meses

Di que esta situación afecta, sobre todo, a peóns e ciclistas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo presentou 398 denuncias por exceso de velocidade entre o 29 de outubro e o 18 de decembro, antes das datas de Nadal, que supuxeron a retirada de 205 puntos de carnés de conducir.

A campaña foi desenvolvida, explicou a Policía Local nun comunicado, para “vixiar e garantir os límites de velocidade nas rúas da cidade” e, por tanto, “protexer a seguridade cidadá”, abundou. Ademais, a Policía Local incidiu en que se pretende “concienciar aos condutores da necesidade de adecuar a velocidade á establecida nas vías“.

Así, neses dous meses controláronse 6.397 vehículos e a velocidade máxima detectada foi de 106 quilómetros por hora. As denuncias formuladas supuxeron a retirada de 205 puntos de carnés de conducir.

Respecto diso, a Policía Local de Lugo subliña que o exceso de velocidade “incide desfavorablemente na seguridade viaria”, sobre todo “nos usuarios máis vulnerables como peóns e ciclistas”. “Unha velocidade inadecuada é determinante no aumento de accidentes de circulación e na gravidade das lesións”, concluíu.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...