InicioEconomíaO Goberno destina máis 13 millóns a melloras en estradas e autovías...

O Goberno destina máis 13 millóns a melloras en estradas e autovías das provincias de Ourense e Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello de Ministros deu luz verde este venres a catro acordos polos que destinará máis de 13 millóns de euros para melloras e arranxos en estradas nas provincias de Ourense e Lugo, tras ser declaradas obras de emerxencia.

En detalle, o Goberno central aproba outorgar seis millóns de euros para obras de reparación nos viadutos de Ruitelán e As Lamas, na autovía A-6, na provincia de Lugo.

Na provincia de Ourense faranse as obras correspondentes ao tres acordos restantes. O de maior cantidade, dotado con catro millóns de euros, servirá para a reparación do firme nas autovías A-52 e A-75, así como nas estradas N-525, N-532, N-536, N-540 e N-541 en diversos puntos quilométricos.

+ posts

ÚLTIMAS

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...

Renfe usará buses para os viaxeiros da liña Ourense-Monforte-Lugo do día 22 ao 26 de abril

Renfe habilitará un servizo alternativo de transporte por estrada na liña Ourense-Monforte-Lugo do 22...

O PP de Vilalba “abre as portas” a unha moción de censura contra a alcaldesa Marta Rouco

O Partido Popular de Vilalba advirte que, á vista do resultado da cuestión de...