InicioSucesosO caudal do Miño multiplícase por seis ao seu paso por Lugo

O caudal do Miño multiplícase por seis ao seu paso por Lugo

O río transporta este martes 497 metros cúbicos por segundo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O caudal do río Miño ao seu paso por Lugo chegou a multiplicarse por máis de seis en apenas uns días como consecuencia das copiosas choivas que caeron sobre a provincia nas últimas semanas, aínda que fontes municipais indicaron que o incremento de nivel en ningún momento supuxo perigo para vivendas ou instalacións próximas á beira.

Esas mesmas fontes indicaron que o pasado 7 de decembro o caudal do río era de 89 metros cúbicos por segundo, pero só uns días despois, o 13 de decembro, por mor das copiosas choivas, o volume de auga disparouse ata multiplicarse por 6,4, co paso de 571 metros cúbicos por segundo.

Ese día, o nivel do río estivo a crecer a un ritmo de cinco centímetros por hora, ata aumentar 1,17 metros de altura. O caudal do Miño alcanzou o seu pico máximo o día 14, sobre as 02:00 horas, cando chegou a 574 metros cúbicos por segundo. Posteriormente, ao ir a menos as precipitacións, estivo baixando ata o día 15 de decembro, cando comezou de novo a subir.

Este luns, día 16 de decembro, o caudal chegou a 517 metros cúbicos por segundo, mentres que este martes á primeira hora da mañá estaba un pouco máis baixo, ao redor de 497 metros cúbicos por segundo.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP de Lugo acusa ao PSOE de manter a Tomé para non perder o goberno da Deputación

O voceiro provincial do PP de Lugo, Antonio Ameijide, acusou o PSOE de “seguir...

O PSdeG critica que só catro das 25 novas residencias anunciadas pola Xunta se situarán na provincia de Lugo

O PSdeG pediulle á Xunta que revise o reparto territorial do seu novo plan...

A Deputación de Lugo pide máis profesorado e apoio a residencias co voto contrario do PPdeG

O pleno ordinario da Deputación de Lugo celebrado este martes tivo como unha das...

O Caudal Fest xa quenta motores para o 2027: confirmada La Oreja de Van Gogh

Caudal Fest segue a dar forma á edición de 2027 e faino agora coa...