InicioEconomíaO presidente da Deputación defende que Lugo "debe ter os mesmos servizos...

O presidente da Deputación defende que Lugo “debe ter os mesmos servizos ferroviarios” que o resto de Galicia

José Tomé advirte de que os veciños de Lugo "deben ter as mesmas posibilidades de chegar a Madrid no mesmo tempo que desde A Coruña ou desde Vigo".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, o socialista José Tomé, saíu en defensa das infraestruturas deste territorio e reivindicou este venres que a provincia “debe de ter os mesmos servizos ferroviarios que o resto de Galicia”.

Así o trasladou durante a presentación do ‘Informe sobre a liña ferroviaria A Coruña-Lugo e a rede de vía métrica en Galicia (FEVE)’, que elaborou o Eixo Atlántico. “Este estudo do profesor Bugarín, e do Eixo Atlántico, son unha importante axuda para seguir avanzando”, sinalou respecto diso.

Tomé valorou que o documento “aposta por facer obras selectivas“, como un novo trazado nalgunha zona “onde actualmente se reduce a velocidade sensiblemente” e que permitiría solucionar esta situación e tamén suprimir “pasos a nivel incrementando a seguridade”.

Así mesmo aludiu á “afinidade” que sente por este medio de transporte, “pola historia das deputacións e do ferrocarril en Galicia”.

“Ambos nacen no século XIX como parte dun proceso de modernización que se desenvolveu a un ritmo máis lento que no resto de Europa, e desde as últimas décadas do século XX tamén ambos os dous, ferrocarril e deputacións, veñen acometendo un importante proceso de modernización para adecuarse ás novas necesidades dos cidadáns”.

Dito isto, insistiu en que a provincia “debe ter os mesmos servizos ferroviarios que o resto de Galicia” e que os veciños de Lugo “deben ter as mesmas posibilidades de chegar a Madrid no mesmo tempo que desde A Coruña ou desde Vigo”.

“A provincia ten que ser a vía principal de entrada e saída de mercadorías en Galicia por ferrocarril, formando parte do Corredor Atlántico de Mercadorías a través de Monforte, O Barco de Valdeorras, León e ata Palencia”, sinalou, como “unha aspiración de todos os lucenses” pola que van seguir “traballando conxuntamente”.

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...