InicioLugo e contornaA Deputación de Lugo abre o proceso de adxudicación para a subministración...

A Deputación de Lugo abre o proceso de adxudicación para a subministración de emulsión asfáltica, por 786.000 euros

Doutra banda, referiuse á aprobación da adxudicación, subministración e instalación do material necesario para pór en marcha o programa 'Ilumina' de aforro enerxético.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo aprobou o procedemento de adxudicación e do prego de cláusulas administrativas para a contratación de subministración de emulsión asfáltica. O contrato terá unha duración “inicial dun ano pero coa posibilidade de prorrogalo outro máis”, no apartado do “parque móbil”. Así o avanzou a socialista Pilar García Porto, tras a xunta de goberno deste mércores.

Doutra banda, referiuse á aprobación da adxudicación, subministración e instalación do material necesario para pór en marcha o programa ‘Ilumina’ de aforro enerxético. Así, a previsión do Goberno provincial é que se van substituír preto de 3.200 puntos de luz nos 38 municipios voluntariamente adheridos e nos que a deputación “vai investir preto de 723.000 euros”.

“Esta tecnoloxía vai permitir un aforro conxunto de 62.000 euros por ano, cun aforro de consumo do 63 por cento. A previsión é que os traballos comecen no mes de xaneiro”, concretou. Pola súa banda, o portavoz nacionalista do bipartito provincial, Efrén Castro, adiantaba a aprobación da concesión das axudas da liña de concorrencia competitiva para actividades culturais, unha liña dotada con 283.000 euros.

En concreto, búscase dar cobertura a todo o tecido cultural e asociativo da provincia, distribuído en 332 entidades por toda a provincia. “Poderán levar a cabo diversas actividades culturais, como poden ser; magostos, entroidos, actividades infantís ou festivais”, debullou finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...