InicioSucesosAtopado en Lugo o coche da moza desaparecida en Barreiros

Atopado en Lugo o coche da moza desaparecida en Barreiros

O vehículo estaba "perfectamente estacionado" ao pé da estación de autobuses e as primeiras hipóteses apuntan "a unha marcha voluntaria"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O coche da rapaza de Barreiros que fica desaparecida desde o pasado xoves apareceu “perfectamente estacionado” nas inmediacións da estación de autobuses de Lugo. Así o confirmou osubdelegado do Gobernoen Lugo, Ramón Carballo, que asegurou que “ata o sábado non houbo denuncia e presentouse ese día na comisaría da Policía Nacional por parte do pai da moza”.

Logo de atopar o vehículo, Carballo puntualizou que “todo apunta, polo que manifestou a familia, que pode ser unha marcha voluntaria, aínda que non se descartan outras posibilidades”. O subdelegado do Goberno asegurou que Jennifer Herrero González, de 22 anos, “mantiña contacto con algunha persoa do Mediterráneo -outras fontes sitúan eses contactos en Valencia-, onde pode ter unha relación”.

REVISIÓN DE MÓBILES E REDES SOCIAIS DA DESAPARECIDA

A Policía Nacional realiza “averiguacións”, matizou, para localizar á moza mariñá coa revisión de “móbiles e redes sociais“. Aínda que a principal hipótese apunta a unha marcha voluntaria, Carballo matiza que “hai unha denuncia por desaparición e polo tanto, a Policía está a atar todos os cabos para comprobar que non se foi en contra da súa vontade”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...