InicioSucesosPiden 6 anos de cárcere á acusada de contraer matrimonio ilegal e...

Piden 6 anos de cárcere á acusada de contraer matrimonio ilegal e estafar ao seu home esquizofrénico

A muller, que coñeceu ao home no prostíbulo no que traballaba, manexaba todo o diñeiro del que remitía a Brasil.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Fiscalía pide seis anos de prisión para unha muller acusada de contraer matrimonio de forma ilegal e de estafar ao seu marido con esquizofrenia durante o catro anos que durou o matrimonio. O xuízo celebrarase o vindeiro mércores ás 10,00 horas na sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo.

A presunta autora dos feitos coñeceu á suposta vítima no bordel de Lugo no que se prostituía. Mantiveron un “breve período de relacións no que nunca conviviron” e casaron o 9 de xullo de 2007. Cando se coñeceron, el vivía cos seus pais e desde os 45 anos presenta un patrón de esquizofrenia paranoide, cunha intelixencia inferior ao límite normal, sen capacidade afectiva e cun grave problema para prestar consentimento matrimonial.

Así o relata o documento do Ministerio Fiscal, no que tamén se explica que a muller casou co home para “conseguir a legalización da súa estancia en España e apoderarse dos seus ingresos”. De feito, a presunta vítima “acudía unha vez por semana ao prostíbulo” e “pagáballe” como outro cliente máis pola relación sexual.

Ademais, os pais del non aprobaban a relación e só en contadas veces ambos acudiron xuntos ao domicilio do outro. Con todo, compartían conta bancaria e pediron dous créditos, un de 11.479,92 euros e outro de 13.571,43 euros que “foron acaparados pola acusada e remitidos a Brasil”.

Por outra banda, o home posuía “ingresos procedentes da gandaría, e unha pensión da Xunta de 575 euros, diñeiro que na súa maior parte entregaba” á muller, por un valor total de 30.000 euros.

En consecuencia, a Fiscalía declarou nulo o matrimonio e argumentou “falta de válido consentimento”, xa que o marido “presentaba un índice de intelixencia” inferior “ao normal” e “dependencia emocional absoluta” da acusada. Por todo iso, o Ministerio Fiscal solicita cinco anos de prisión por un delito de estafa e un ano de prisión por un delito de matrimonio ilegal. Ademais, piden o pago de 30.000 euros á presunta vítima e unha multa de 4 euros diarios durante once meses pola estafa acometida.

+ posts

ÚLTIMAS

A Ponte de Cruzul, a única neoclásica de Lugo, declarada BIC

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publica este xoves o real decreto polo que...

O goberno local de Guitiriz defende que as súas accións se efectuaron “con absoluto respecto á legalidade”

O goberno de Guitiriz defendeu este mércores que todas as súas actuacións "leváronse a...

“Canda Elena”, a canle con entrevistas en Youtube da ‘popular’ Elena Candia

A portavoz do Grupo Municipal do Partido Popular en Lugo, Elena Candia, puxo en...

Mostra ‘O derradeiro trazo de xiz’ Miguel Muñiz no pazo de San Marcos

Esta tarde inagurouse no Pazo de San Marcos a mostra fotográfica e documental “O...