InicioPolíticaPontón condiciona o apoio a “calquera” investidura á tarifa eléctrica galega

Pontón condiciona o apoio a “calquera” investidura á tarifa eléctrica galega

A deputada no Parlamento galego Olalla Rodil será a número 1 do BNG ao Congreso por Lugo, en substitución da actual vicepresidenta da Deputación, Maite Rego.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE. A voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que este venres viaxou a Lugo para participar na presentación da candidatura nacionalista por esta provincia, asegurou que se o seu partido consegue representación en Madrid nas próximas eleccións xerais, condicionará “calquera apoio de investidura” a “un prezo xusto e competitivo da electricidade“.

O obxectivo, asegurou, “é “salvar as nosas industrias electrointensivas e os postos de traballo”, porque é inaceptable que “un só emprego” estea no aire en Galicia polo prezo do fornezo, cando nos achamos nunha rexión que é “excedentaria” na produción de enerxía eléctrica.

“Como pode ser”, preguntouse Pontón, que tanto o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, como a ministra de Industria, Reyes Maroto, visitasen en días pasados a fábrica de Alcoa en San Cibrao sen aportar solución algunha á crise industrial que “ameaza centos de postos de traballo”.

Desde o seu punto de vista, o que está sucedendo é “responsabilidade directa do Partido Popular e do PSOE” por poñer en marcha un “marco eléctrico que aboca ao peche a un dos elementos centrais” da economía da Mariña Lucense e, por extensión, da provincia de Lugo e de Galicia.

Segundo Pontón, é unha “vergoña” que nin un só dos 23 deputados galegos que había no Congreso na pasada legislatura “fose capaz de condicionar a investidura do presidente a unha axenda galega” na política estatal.

Ese, ao seu xuízo, “é o gran reto” desta nova convocatoria electoral, á que se chegou pola “incompetencia e inutilidade” de “forzas estatais” que han ter a Galicia “ausente do debate” político.

“Xa está ben de deputados que van a Madrid a votar o que lles mandan os seus xefes madrileños”, dixo Pontón, quen espera que o BNG recupera “unha voz propia que defenda a Galicia” no Congreso.

RODIL SERÁ CANDIDATA DOS NACIONALISTAS POR LUGO

A deputada no Parlamento galego Olalla Rodil será a número 1 do BNG ao Congreso por Lugo, en substitución da actual vicepresidenta da Deputación, Maite Rego.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...