InicioLugo e contornaCondenado por esixir á súa inquilina relacións sexuais para non botala da...

Condenado por esixir á súa inquilina relacións sexuais para non botala da habitación que lle alugou

A Audiencia de Lugo avala a condena e o montante da multa tendo en conta o contexto de abuso de superioridade no que se produciu.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Audiencia Provincial de Lugo confirmou a condena imposta a un home por esixir á súa inquilina manter relacións sexuais a cambio de non botala da habitación que lle tiña alugada.

A sentenza avalada pola Audiencia, procedente do Xulgado de Instrución número 3 da cidade, considera o home autor dun delito de coaccións en “grao leve”, aínda que lle impón unha multa de 120 euros por considerar que este tipo de actitudes non poden “quedar despenalizadas”.

Na mesma liña, a Audiencia Provincial destaca no seu fallo o “contexto” no que se produciron os feitos probados. “Non é unha mera invitación a manter relacións sexuais, que sería en todo caso atípica, se non que tal invitación se torna coactiva en base á insistencia no requirimento, especialmente atendida a súa posición preeminente, pois é o arrendador da vivenda”. A maiores, o tribunal “advirte claramente o ton coactivo” nas mensaxes enviadas á vítima.

Segundo o escrito, os feitos remóntanse a agosto do ano 2018, cando a vítima contratou unha habitación en réxime de aluguer ao denunciado, a través dun “contrato verbal” polo que abonou os 200 euros do primeiro mes.

Con todo, unha semana despois, o caseiro enviou unha mensaxe ao teléfono móbil da súa inquilina propóndolle manter relacións sexuais a cambio de deixar de pagar o aluguer, algo que ela rexeitou.

Ante a negativa da vítima a esta proposición, continúa o fallo, o condenado envioulle outras mensaxes ao longo da mañá daquel día, entre eles un no que lle dicía ‘Pois en setembro busca un piso”. A muller abandonou esa mesma xornada a vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

A Deputación destina 70.000 euros para mellorar a mobilidade en Negueira, O Vicedo e Muras

A Deputación de Lugo anunciou estes venres novos investimentos por un importe conxunto que...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

A Deputación contará con dezaseis novos empregados públicos que xa tomaron posesión

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, deu este venres a benvida a...