InicioSucesosDous detidos en Lugo por venta de marihuana nun alpendre ocupado

Dous detidos en Lugo por venta de marihuana nun alpendre ocupado

A Policía Nacional detivo a dous mozos por un delito contra a saúde pública por vender marihuana que cultivaban nun alpendre que ocuparon ilegalmente en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo informou a Policía Nacional de Lugo, no marco da ‘Operación Chamizo’, detiveron a dúas persoas de 24 e 36 anos de idade por un delito contra a saúde pública por cultivo e venda de marihuana, así como por defraudación de fluído eléctrico.

As pescudas iniciáronse no mes de abril deste ano cando “a ocupación ilegal dun alpendre por dúas persoas espertou o interese da Policía”, aseguraron as mesmas fontes, que engadiron que “aos poucos o local foi transformado e utilizado na plantación e cultivo de marihuana“.

Os detidos foron sorprendidos cando manipulaban a droga, 385 gramos de marihuana lista para a venda, recalcou a Policía. No rexistro practicados, tanto na vivenda na que residían (anexa ao alpendre), como no alpendre, atopáronse 230 plantas de marihuana en avanzado estado de floración, listas para a recolección, así como ferramentas para o cultivo e transformación da droga.

PAPEIS DIFERENTES

Ambos os individuos “tiñan diferentes papeis dentro de acto delituoso”, puntualiza a Policía, xa que un encargábase da distribución e captación de clientes e o outro do coidado e vixilancia da plantación.

O dispositivo levado a cabo polo Grupo de Drogas da Brigada Provincial de Policía Xudicial contou coa supervisión do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...