InicioTerra CháCastro de ReiTres detidos en Castro de Rei por dous roubos, un furto e...

Tres detidos en Castro de Rei por dous roubos, un furto e unha estafa

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil detivo na localidade de Castro de Rei os tres presuntos autores de dous delitos de roubo, un delito de furto e un delito de estafa cometidos o pasado mes xuño.

O pasado día 12 de xuño os presuntos autores foron sorprendidos cando cometían un roubo de material de construción nunha nave industrial situada no termo municipal de Castroverde (Lugo).

Así mesmo, tívose coñecemento que horas despois supostamente cometeron un furto de ferramentas no alpendre dunha vivenda situada no mesmo termo municipal.

O mesmo día foi localizada a furgoneta na que circulaban os presuntos autores na estrada N-640 e, ao tentar identificar os ocupantes do vehículo, relataron as mesmas fontes, estes fixeron caso omiso ás indicacións dos axentes. Na súa fuxida tiveron unha saída de vía, tras a que foron identificados os tres homes que ocupaban o vehículo, os cales tiveron que ser auxiliados polos servizos de emerxencia.

No rexistro do vehículo localizouse “gran cantidade de ferramentas e material”, destacou a Benemérita, que interveu os efectos ao sospeitarse da súa procedencia supostamente ilícita.

INVESTIGACIÓN

A Garda Civil iniciou unha investigación que levou ao esclarecemento dos feitos, así como outro delito de roubo con forza cometido durante a madrugada do 5 ao 6 de xuño deste ano nunha parcela anexa a unha nave industrial situada en Castro de Rei, onde supostamente estas mesmas persoas supostamente subtraeron material de construción.

No transcurso da investigación localizouse parte dos materiais subtraídos en Castroverde e en Castro de Rei. O valor total das ferramentas e material de construción subtraído ascende a uns 8.000 euros.

Así mesmo investígaselles como presuntos autores dun delito de estafa ocorrido o 10 de xuño na localidade lucense de Guitiriz, ao irse sen abonar o combustible enchido na área de servizo.

As persoas detidas en relación a estes feitos, sinalou a Garda Civil, foron postas a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...