InicioSociedadeO Gordo da Lotaría de Nadal sorrí discretamente a Lugo e Vilalba

O Gordo da Lotaría de Nadal sorrí discretamente a Lugo e Vilalba

Un sorteo moi repartido da Lotaría de Nadal deixa un cuarto e dous quintos premios no centro da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Gordo da Lotaría de Nadal, o 03347 con catro millóns de euros á serie, caeu moi repartido por toda España. Así aconteceu tamén na provincia de Lugo, onde o primeiro premio sorriu a catro concellos, pero con tan só un décimo por municipio. As participacións foron despachadas en Lugo (Rúa das Fontiñas), Vilalba (Rúa da Pravia), Monforte e O Valadouro.

Un cuarto premio, o 67774 para 100.000 euros, apareceu en Guitiriz (Avenida da Coruña) e na veciña As Pontes (Praza do Hospital, xa agraciada con dous décimos do quinto premio en 2017).

Tamén en Guitiriz caeron dous quintos premios co 02308, que reparte 126.000 euros en total. Deste número foron vendidos catro décimos na rúa Compostela de Portomarín, e outro máis en Meira. Tamén en Meira tocou o quinto 29031, con 60.000 euros á serie, na administración da Praza Maior.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...