InicioLugo e contornaLugoO Consello Xeral do Poder Xudicial desestima o recurso de Pilar de...

O Consello Xeral do Poder Xudicial desestima o recurso de Pilar de Lara contra a sanción por unha falta moi grave

Será sancionada con sete meses e un día de suspensión de funcións por unha falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O pleno do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ, polas súas siglas en castelán) desestimou este xoves por unanimidade o recurso interposto pola maxistrada Pilar de Lara, titular do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, contra a sanción de sete meses e un día de suspensión de funcións por unha falta moi grave de desatención no exercicio das competencias xudiciais.

Segundo informaron fontes xudiciais, o acordo do pleno esgota a vía administrativa, polo que a sanción “será executiva unha vez notificada”, sen prexuízo da posterior interposición de recurso contencioso-administrativo ante a Sala Terceira do Tribunal Supremo, onde a maxistrada pode instar a suspensión da sanción como medida cautelar.

O CGPJ examinou este xoves no marco da orde do día, nun pleno que comezou ás 10,00 horas, o recurso á sanción imposta á xuíza, e que carrexa perda de destino, por unha falta grave debida a atrasos inxustificados na tramitación de asuntos.

A xuíza declarou o pasado 21 de novembro de 2018 ante o promotor da acción disciplinaria contra ela aberta polo Consello Xeral do Poder Xudicial por supostos atrasos indebidos na instrución das macrocausas que ten abertas e por decisións que “ocasionaron un ficticio incremento do volume de traballo”.

De Lara declarou durante tres horas na sede do CGPJ en Madrid acompañada polo seu avogado, Agustín Azparren, quen explicou que a xuíza presentara “abundante documentación”, así como resposta por escrito a todas as obxeccións expostas pola acción disciplinaria e respondera punto por punto ao informe “moi exhaustivo” no que se sustenta a investigación sobre o seu labor.

Precisamente, Pilar de Lara foi sancionada por dilacións indebidas en distintos procesos e macrocausas que segue a xuíza como a coñecida como ‘Operación Carioca’ sobre redes de prostitución, a ‘Pokemon’ –que comezou a investigarse en 2012– e ‘O Garañón’ –iniciada hai uns oito anos–, sobre corrupción política.

Lara Méndez sobre o peche da causa sobre O Garañón: “Tiña que chegar hai oito anos”

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...