InicioTerra CháGuitirizInvestigado por estafa un veciño de Guitiriz que cambiou a etiqueta dunha...

Investigado por estafa un veciño de Guitiriz que cambiou a etiqueta dunha hidrolimpadora pola doutra máis barata

Dous imputados por apropiación indebida por levar os efectos persoais do seu compañeiro de piso cando este abandonou a vivenda

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil imputou en calidade de investigado a un veciño de Guitiriz de 37 anos de idade por un suposto delito de estafa ao cambiar a etiqueta de prezo dunha hidrolimpadora pola doutra 800 euros máis barata.

Segundo informa a Benemérita, os feitos ocorreron o pasado mes de agosto nun centro comercial do municipio asturiano de Siero. Alí, o investigado cambiou a etiqueta dunha máquina dun valor real de 850 euros pola doutra valorada en 59.

A persoa investigada foi posta a disposición xudicial.

APROPIACIÓN INDEBIDA

Por outra banda, dúas persoas de nacionalidade romanesa foron imputadas por supostamente apropiarse indebidamente dos efectos persoais doutra coa que conviviran.

Os feitos ocorreron o pasado mes de decembro, informa a Garda Civil, nunha vivenda en Vilalba. A persoa denunciante abandonou a vivenda deixando parte das súas pertenzas no interior.

Unha vez quixo recuperar os aveños que deixara no domicilio, os imputados desapareceran. Ambos foron postos a disposición xudicial.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...