InicioLugo e contornaLugoLugo terá por primeira vez un punto de información da UNED

Lugo terá por primeira vez un punto de información da UNED

O edificio de Novas Tecnoloxías do Concello contará cun punto de información da Universidad Nacional de Educación a Distancia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O edificio de Novas Tecnoloxías do Concello de Lugo contará cun punto de información da Universidad Nacional de Educación a Distancia (UNED) que permanecerá aberto ata o próximo 10 de outubro.

Así o anunciou este luns a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que convidou a “achegarse a esta oficina a todas aquelas persoas interesadas en saber que se pode estudar na UNED, onde recibirán información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades que se ofertan nesta universidade”.

A rexedora agradeceu á directora da UNED, Ana Belén Traseira, que puxese en marcha esta iniciativa na que o Concello de Lugo colabora pondo a disposición da universidade o edificio.

Deste xeito, o punto de información estará a disposición de todas as que desexen recibir información sobre as diferentes titulacións, cursos e actividades da UNED, así como axuda e asesoramento para formalizar a matrícula. O horario de atención será de 10,00 a 13,00 horas da mañá e de 17,00 a 21,00 horas da tarde, de luns a venres.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...