InicioLugo e contornaLugoSonsoles López Izquierdo sobre o asasinato machista de Valga: "É unha atrocidade"

Sonsoles López Izquierdo sobre o asasinato machista de Valga: “É unha atrocidade”

A Comisión de Violencia de Xénero só recoñece como crime machista o da muller do asasino pero non o da nai e irmá

PUBLICADA O

- Advertisement -

A secretaria primeira da Comisión de Seguimento e Avaliación dos Acordos do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero, a lucense Sonsoles López Izquierdo, confirmou que o tratamento de triplo crime de Valga só abordará como violencia machista a morte da ex muller do detido en relación cos feitos e non os da súa nai e irmá.

López Izquierdo, que é deputada socialista por Lugo, cualificou o sucedido de “atrocidade”. “Non deixamos de expresar o noso rexeitamento a estes comportamentos e o noso compromiso é buscar unha solución para reducir este problema, que é un problema social. Aproveito para dar as condolencias á familia e amizades desas tres mulleres”, comentou.

En canto ao tratamento do tres crimes como violencia de xénero, avanzou que “non” é o caso porque “esa é unha das problemáticas que ten a situación actual na lexislación de violencia de xénero”. No entanto, deixou claro que ese recoñecemento “é algo que se está pondo en marcha“. “Hai que ampliar a consideración de vítimas de violencia de xénero”, reclamou.

A secretaria no Congreso da Mesa contra este tipo de violencias comentou que “hoxe en día só se consideran ás mulleres que teñen algún tipo de relación ou tiveron algún tipo de relación sentimental co asasino ou maltratador e non é así”. “Porque estamos a ver cada vez máis que tanto nenos como outros familiares están a ser vítimas destes comportamentos tan aberrantes”, advertiu. “Está a porse en marcha ese cambio, pero necesitamos ter goberno para executar eses cambios e máis que fan falta acometer”, abundou López Izquierdo.

DICURSO DE VOX

A deputada por Lugo aproveitou para criticar a Vox, que non recoñece a violencia machista, e para aqueles partidos que tratan de “blanquear” o discurso deste partido.

“É lamentable que se trate de camuflar ese posicionamento da realidade. Á parte desa falta de coñecemento é un posicionamento (o de Vox) absolutamente machista e retrógrado, no que consideran que un home pode ter ese comportamento sen que iso sexa algo específico de machismo. É tamén lamentable que partidos que tanto reivindican o constitucionalismo de boca para fora estean blanqueando posicionamentos deste tipo“, concluíu Sonsoles López Izquierdo.

ÚLTIMAS

Polémica en Lugo polas obras de conexión de Lugo con Sarria

A Xunta de Galicia respondeu ao alcalde de Lugo, Miguel Fernández, asegurando que non existe...

Un mozo que violou a unha menor dúas veces nun hotel de Lugo evita o cárcere tras un acordo

Un mozo de Lugo logrou evitar o cárcere tras aceptar unha condena de dous...

Acordo entre Xunta e Concello de Lugo para reformar xa a rúa Serra de Meira con 937.000 euros

O Goberno galego e o Concello de Lugo desbloquearon a reforma da rúa Serra...

O Concello amosa a súa “preocupación” ante o “atraso” na autovía Nadela-Sarria

O alcalde de Lugo, Miguel Fernández, expresou este martes a súa "profunda preocupación" polo novo...