InicioLugo e contornaA Confederación Miño-Sil destina 425.000 euros a un "plan de choque" para...

A Confederación Miño-Sil destina 425.000 euros a un “plan de choque” para a limpeza de 200 quilómetros de ríos en Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) investirá 425.000 euros nun “plan de choque” para a limpeza duns 200 quilómetros de ríos e a súa contorna na provincia de Lugo, que servirán de reforzo ás actuacións existentes.

Este xoves, o presidente da Confederación, José Antonio Quiroga, visitou o comezo das tarefas no río Madalena, en Vilalba, onde informou de que estas actuacións se van a centrar no curso alto do Miño e os seus afluentes. En primeiro lugar priorízanse aquelas actuacións en zonas próximas a poboacións, seguidas de zonas susceptibles de inundacións ou taponamientos.

Entre outras medidas, levará a cabo a retirada de lixo e elementos non desexados que minguan a capacidade de desaugadoiro e a calidade de augas, realizaranse rozas, á vez que se quitarán árbores caídas.

Tamén se buscará recuperar o funcionamento natural dos ríos a través de actuacións respectuosas coa contorna, mediante a utilización de materiais naturais como pedras, madeira ou vexetación. Así mesmo, haberá traballos de restauración das marxes e control da erosión.

“Somos conscientes de que os traballos de conservación, restauración e rehabilitación do dominio público hidráulico son necesarios e imprescindibles para o bo estado das nosas canles fluviais e, sobre todo, para evitar danos en momentos puntuais de intensas choivas ou temporais, por iso tomamos a decisión de reforzar os contratos existentes para garantir un servizo máis adaptado ás necesidades reais de cada zona”, explicou Quiroga.

Na súa visita, Quiroga estivo acompañado pola alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez. Así mesmo, o responsable da Confederación mostrou o seu compromiso á rexedora para “buscar solucións” ante as verteduras existentes no municipio.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...