InicioSociedadeCachan un condutor en Lugo que triplicaba a taxa de alcoholemia permitida

Cachan un condutor en Lugo que triplicaba a taxa de alcoholemia permitida

Foi interceptado tras cometer unha infracción de tráfico.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo interceptou esta fin de semana un condutor que cometera unha infracción de tráfico e que, posteriormente, obtivo resultado positivo na proba de alcoholemia, na que triplicou o máximo permitido.

Segundo informou a Policía Local, o condutor foi sorprendido na confluencia da Rolda da Muralla coa rúa San Roque cando cometía unha infracción de tráfico. Ao ser sometido ás probas de alcoholemia obtivo 0,77 e 0,78 miligramos de alcol por litro de aire expirado. Por iso os axentes instruíron dilixencias por un suposto delito contra a seguridade viaria polo procedemento de xuízo rápido. Pola súa banda, o vehículo permanecerá inmobilizado ata que cesen as causas, sinalou a Policía Local.

Ademais, a Policía Local interceptou na Avenida da Coruña un vehículo cunha “circulación irregular”, polo que a patrulla procedeu a paralo. Ao comprobar que o condutor presentaba “signos externos” de atoparse baixo a influencia de bebidas alcohólicas, foi sometido ás probas nas que obtivo 0,87 e 0,80 mg/l. Por iso, iniciouse un atestado por conducir un vehículo de motor baixo a influencia do alcol polo procedemento de xuízo rápido, mentres que o vehículo foi inmobilizado.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...