InicioSucesosO bebé de Lugo con signos de malos tratos será operado en...

O bebé de Lugo con signos de malos tratos será operado en Madrid

Será intervido quirurxicamente no Hospital La Paz por un desprendemento de retina. Ata alí será trasladado nos vindeiros días.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O bebé ingresado no Hospital Lucus Augusti de Lugo con signos de ser maltratado será trasladado nos próximos días ao Hospital La Paz de Madrid para ser operado por un desprendemento de retina.

Así o confirmaron fontes hospitalarias, que precisaron que o traslado se fará “esta fin de semana ou a semana que vén”, segundo vaia a “evolución” do menor. A gravidade dalgunha lesión do menor motivou esta decisión, tendo en conta que La Paz é o centro de referencia para intervencións cirúrxicas en neonatos.

VIVÍAN ENTRE LIXO

Por outra banda, o Concello de Lugo continúa cos traballos de “limpeza e desinfección” do piso onde vivía o bebé cos seus pais, que permanecen investigados por un suposto delito de malos tratos. Segundo explicou o concelleiro de Medio Ambiente, Álvaro Santos, retirouse arredor dunha tonelada e media de lixo do interior da vivenda.

Santos explicou que se “aplicaron os produtos recomendados, elixidos pola entidade responsable de facer a limpeza”. Engadiu que tamén se procederá á desratización do edificio, “porque se percibiu a presenza de animais”.

“Hai que pensar que non estamos ante unha situación normal. Estamos ante unha situación anómala, dramática e ante un inmoble que se atopaba nunhas circunstancias lamentables de salubridade e habitabilidade”, describiu. Santos incidiu en que o labor do concello “é deixalo impecable e sobre todo saudable e con seguridade para os veciños”. “Unha vez terminados os traballos impulsados pola área de Medio Ambiente do concello, aí non vai haber ningún tipo de perigo, de foco infeccioso, nin de presenza de animais, xa sexa mamífero, roedor ou insectos que poidan pór en risco a saúde das persoas”, garantiu.

ÚLTIMAS

O Goberno financia con case un millón de euros a reforma integral do Concello de Vilalba

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, visitou este martes Vilalba para supervisar,...

O PP pedirá a reprobación de Tomé nos plenos da Deputación e dos concellos de Lugo e Monforte

O Partido Popular de Lugo anunciou que nos próximos plenos da Deputación de Lugo,...

Detido en Lugo un home en busca e captura que se escondeu nun armario

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron o pasado domingo a un home que...

Vilalba vive unha Feira do Capón multitudinaria pese ao frío

Máis de mil persoas participaron este domingo en Vilalba nunha nova edición da Feira...