InicioPolíticaO PP de Lugo esixe ao Goberno central que "precise" como "vai...

O PP de Lugo esixe ao Goberno central que “precise” como “vai afectar á provincia” o pago en autovías

Os deputados populares amosaron a súa "profunda preocupación" e demandan información concreta ao Goberno estatal.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os deputados de Lugo no Congreso Jaime de Olano e Joaquín García esixiron ao Goberno central que “precise” como “vai afectar á provincia” o pago en autovías “que planea o Executivo de Pedro Sánchez”.

Nun comunicado de prensa, os populares lucenses, que expresaron a súa “profunda preocupación”, tamén demandaron ao Goberno que aclare quen serán os colectivos afectados por esta taxa, así como o importe total a abonar por un usuario medio en cada unha das vías.

“É moi alarmante que non se explique cal é a proposta, a cantidade ou os percorridos afectados”, sentencian os deputados. Desta forma ambos consideran que é “necesario” concretar se esa taxa afectará negativamente “a colectivos tan importantes como o transporte ou a industria”.

No caso de aplicarse esta medida, apuntan os populares, na provincia de Lugo veríanse afectadas as autovías “A-8 e A-6”, que en total suman “215 quilómetros de percorrido”, conclúen.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...