InicioSucesosRestrinxido o tráfico nunha ponte de Begonte tras fundirse o firme da...

Restrinxido o tráfico nunha ponte de Begonte tras fundirse o firme da estrada

Os traballos para arranxar esta vía de titularidade provincial comezarán o vindeiro luns e prevese que rematen só unha semana máis tarde.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo informa de que o tráfico permanecerá restrinxido dende hoxe na ponte de Uriz, en Begonte, concretamente no punto quilométrico 1,100 da LU-P-5101, no límite co concello de Rábade. O motivo é o afundimento que se produciu onte á noite nunha parte da vía. Para garantir a seguridade, queda prohibido o paso de vehículos de máis de dez toneladas de peso e a velocidade limítase aos 40 quilómetros por hora.

O presidente do ente provincial, José Tomé, ordenou o inicio inmediato das obras de arranxo o vindeiro luns, coa previsión de que rematen unha semana despois, de xeito que a circulación quede normalizada. Os traballos, que se acometerán con cargo ás tarefas de conservación da rede viaria provincial, terán un custe aproximado de 10.000 euros e consistirán no baleirado e rexeneración con formigón da parte da calzada afundida, así como o posterior aglomerado.

Ata o comezo das obras, a empresa encargada da conservación da estrada e os técnicos provinciais realizarán dúas inspeccións diarias para supervisar o seu estado , por se fose preciso ampliar as medidas de seguridade.

ÚLTIMAS

Lugo adxudica o proxecto da pasarela do Carril das Flores

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo adxudicou este mércores o proxecto...

Investigan a morte da muller arremetida por unha vaca no San Froilán

O falecemento dunha muller tras ser arroiada por unha vaca durante o desfile de...

Lugo recibirá 15 menores migrantes da cota distribuída polo Goberno

A cidade de Lugo acollerá a un grupo de 15 menores migrantes da cota...

Rede Museística Provincial, un modelo de xestión que democratiza a cultura e o acceso a ela

A xerente da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL), Encarna Lago, advirte ao respecto da...