InicioLugo e contornaAtrapados no aparcadoiro da Milagrosa

Atrapados no aparcadoiro da Milagrosa

A Policía Local de Lugo precintou o párking no que, aínda que se lle notificara a orde de peche con antelación ao seu dono, seguía habendo coches. Na mañá deste mércores, os vehículos puideron saír ao exterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Medio centenar de vehículos quedaron atrapados no párking da Milagrosa logo de que a Policía Local de Lugo precintara o aparcadoiro na tarde de onte, martes 6 de agosto. A pesar de notificárselle a medida ao encargado varios días antes, os coches non foran retirados. Finalmente, puideron saír esta mañá.

Segundo informou a Policía Local, a Unidade Territorial de Policía de Barrio procedeu ao precinto dun aparcadoiro público na rúa Camiño Real, cuxa orde de peche lle fora notificada ao interesado o 31 de xullo. Polo tanto, debía proceder ao peche “como máximo o día 2 de agosto”, destacou. Con todo, o luns 5 de agosto ás 18.15 horas unha patrulla acudiu ao aparcadoiro para proceder ao precinto. Ante a presenza de case medio centenar de vehículos no interior, requiriu ao encargado para que, durante as seguintes 24 horas, procedese a liberar de automóbiles o recinto.Os axentes indicaron ao responsable do aparcadoiro que regresarían para facer efectivo o precinto o día 6 á mesma hora.

Así, personados no lugar os policías ás 18.25 horas deste martes, comprobaron que, “lonxe de baleirar o aparcadoiro, permitiuse o acceso a novos vehículos”, subliñaron as mesmas fontes municipais. “Ante a imposibilidade de contactar cos titulares dos automóbiles, procédese ao precinto do local, tal e como estaba ordenado”, explica a Policía Local.

Tras as complicacións que iso lles ocasionou aos usuarios do párking no día de onte, os axentes policiais acudiron esta mañá ao lugar para proceder ao desprecinto e xestionar a saída dos afectados.

COMO VOLVER Á CASA?

O grupo municipal do PP lamentou esta situación e denunciou que o Concello non ofrecese unha alternativa aos coches “secuestrados”, que non puideron liberarse ata a mañá deste mércores. Din que só se lles concedeu un prazo de 30 minutos, “sen ter en conta se a situación persoal e laboral de cada afectado lle permitiría acudir no prazo outorgado” para recuperar o seu vehículo.

Familias con nenos pequenos que quedaron plantados na rúa ao non ter acceso ao seu coche con cadeiras adaptadas ou persoas que precisaban o vehículo para acudir a consultas médicas. Estas son algunhas das circunstancias que se deron no marco desta problemática, segundo o PP. Piden que dende o goberno local se preparen plans alternativos para evitar estas situacións “nas que non teñen ningunha responsabilidade e son os principais afectados”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...