InicioPolíticaPatricia Otero ofrécelle agora a Arias ser o seu número dous no...

Patricia Otero ofrécelle agora a Arias ser o seu número dous no PSdeG provincial

A falta de 24 horas para que se celebren as votacións, a burelá insiste na oferta de integración de ambas candidaturas. Se non gaña, di, será "fiel" e "leal" ao novo secretario xeral

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A menos de 24 horas de que os militantes socialistas de Lugo elixan o futuro secretario xeral do PSdeG nesta provincia, unha das candidatas, a deputada autonómica Patricia Otero, insistiu na súa oferta de integración de ambos proxectos. A burelá confirmou que lle ofrecía ao seu rival a posibilidade de ser o número dous do partido, concretamente vicesecretario xeral.

En declaracións a Efe, Patricia Otero asegurou que Xosé Marías Arias vai “por detrás” na súa oferta de integración, dado que ela mesma foi a primeira en ofrecerlle a posibilidade de formar parte da súa executiva, primeiro como secretario de Medio Rural e logo como vicesecretario xeral.

Otero recoñeceu “a boa traxectoria” de Xosé María Arias como alcalde de Castroverde “despois de tantos anos”, polo que, ao seu xuízo, sería “unha peza boa” para a executiva que ela espera dirixir a partir de mañá, cando voten os 1.800 militantes do partido en Lugo.

UN PARTIDO “COHESIONADO”

En relación co resultado da votación, asegurou que está “a falar co maior número de compañeiros posible” e percibe “boas vibracións”, aínda que tamén dixo que “pase o que pase”, a partir do “día 21” todos os socialistas de Lugo traballarán “xuntos”, como membros do “mesmo partido”. Nese sentido, dixo que o partido ten que saír “máis forte, máis unido e máis cohesionado” deste proceso. De feito asegurou que se non sae “elixida”, será “fiel” ao novo secretario xeral e comportarase “da forma máis leal” con el. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...