InicioCulturaGalería: o mellor do desfile 'Lugo vístese de Primavera'

Galería: o mellor do desfile ‘Lugo vístese de Primavera’

Vinte e un comercios participaron na II edición – LugoXornal conversou con varios dos persoeiros que asistiron á gala

PUBLICADA O

- Advertisement -

LugoXornal conversou con varios dos persoeiros que asistiron á gala. Para a alcaldesa, Lara Méndez, foi un desfile “espectacular” e de “calidade boísima”. “A iniciativa é importantísima para fomentar o comercio de proximidade, un sector importantísimo para a cidade de Lugo, vital para o desenvolvemento socio-económico”. Por iso, deixou claro que “dende o Concello seguiremos apostando por iniciativas deste tipo” e intentarán “que se implique todo o comercio lucense, mais alá da Asociación de Autónomas, e que todo o pequeno comercio se sinta implicado porque cre neste tipo de iniciativas e en fomentar o tecido social e económico”.

Dende a Asociación de Autónomas de Lugo aseguran que “non puidemos escoller un marco mellor, é un espazo precioso”. A presidenta da asociación, Marta López Yáñez, dixo estar contenta co espazo e a acollida. “Penso que gustou –dixo–, sempre imos innovando, non sei o que será o ano que vén, pero algo innovador, seguro”. “Seguiremos a manter os elementos de sempre, por suposto. Xa en outono-inverno facemos un desfile, no día da Noite Aberta, deste ano aínda non sabemos o que vai pasar”.

Pola súa banda, a concelleira de Economía, Ana Prieto Nieto, tamén valorou positivamente o evento. “Estivo moi ben. Todos os e as lucenses puidemos desfrutar nos corredores da Deputación de toda a moda do comercio de Lugo. Ten de todo, e o podemos mercar sen saír da cidade, todo o que nos apetezca”, defendeu. “Animamos a xente da provincia e de fóra a vir. O comercio local está a pé de rúa, ten unha atención personalizada que non se atopa nas grandes superficies. A clientela é ben atendida polo comercio da rúa, un valor engadido importante”. Sobre próximas edicións, dixo que “todos os espazos nos que se vén realizando son diferentes, o ano pasado foi o Vello Cárcere; o ano que vén, haberá que ver”.

Na segunda edición do Lugo vístese de Primavera participou unha ampla representación do comercio de proximidade de Lugo: téxtil, calzado, xoiería, peletería, perfumes, ou deporte, entre outros. Os establecementos lucenses participantes foron 21: Black Market, Chic Fashion & Co, Cepece, Cuplé, Dándara, El armario de QK, Lilas, Malizia, Mariña, Mecos, Miky moda, Miriam Souto, Miss mariquita, Moninadas, Opticalia Callao, Peleterías Lucus, Rosa Clará, Urban Foot, Veritas Veritatis, Violeta y Chloe.

Galería II Lugo vístese de Primavera | Óscar Bernárdez

ÚLTIMAS

PP pregunta a BNG se acepta os votos de Tomé e García Porto para seguir na vicepresidencia da Deputación

O portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, esixiu este venres á...

Falece un home tras ser atropelado por un camión no rural de Lugo

Un home faleceu este venres en Lugo tras ser atropelado por un camión. Segundo...

Detida unha muller en Lugo por presunta simulación de roubo con forza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a unha muller como presunta...

A Deputación de Lugo investirá un millón de euros en estradas e adquisición de nova maquinaria

A Deputación de Lugo deu a coñecer un novo paquete de investimentos que supera...