Home Lugo e contorna Lugo Confirman a condena de tres acusados por tentar matar unha muller á saída dun pub

Confirman a condena de tres acusados por tentar matar unha muller á saída dun pub

0
Confirman a condena de tres acusados por tentar matar unha muller á saída dun pub
Xulgados | Arquivo

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia confirmou a condena imposta a tres acusados por tentar matar unha muller e por agredir dous homes no exterior dun pub en Lugo.

Dous dos sospeitosos foron sentenciados a 16 anos de cárcere; e o terceiro, a catorce. Están acusados de coautoría dun intento de homicidio e de delitos de lesións, por uns feitos que se remontan a xullo do 2017. O TSXG considera acreditado que un dos tres procesados lle cravou un coitelo á muller “con ánimo de causarlle a morte” e que a agresión cometida contra outro home foi con armas brancas.

Do mesmo xeito, o TSXG rexeitou o recurso dunha muller á que a Audiencia lle impuxera dous anos de cárcere por agredir un home cun cristal nesa mesma liorta.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here