InicioPolíticaO PP de Lugo critica a Deputación por non rozar as estradas:...

O PP de Lugo critica a Deputación por non rozar as estradas: “Parecen selvas”

Non lles vale a "escusa" de que haxa goberno en funcións ou a de que o proceso de contratación sexa lento, din. Presumen de que nos viais da Xunta eses traballos xa están máis avanzados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP da provincia insta a Deputación para “iniciar xa” a roza das estradas da súa titularidade. Os populares apuntan que a falta de limpeza da maleza que medra nas beiras dos viais pode provocar máis incendios, accidentes de tráfico e un deterioro da imaxe de Lugo que levan os visitantes.

A situación é “insostible”, denuncian, ao tempo que insisten na súa manida comparación: “máis que estradas, parecen selvas”. Confrontan a actuación da Deputación con aqueloutra que lle corresponde á Xunta nas estradas de titularidade autonómica. Mentres que os 4.200 quilómetros  provinciais “aínda non están limpos” en plena época estival, as vías da Xunta “xa están rozadas ou xa se están a acometer os traballos”.

Non lles serve como xustificación a “escusa” de que exista un goberno en funcións nin a de que haxa baixas nos procesos de contratacións, sosteñen; é unha “responsabilidade política e administrativa” que lle atinxe á Deputación.

UNHA SITUACIÓN QUE SE REPITE, DIN OS DO PP

Este “desleixo” non é un asunto exclusivo deste ano, reproban os populares. Lembran que, en previsión deste contexto, en 2017 presentaron diversas propostas en Pleno para axilizar as contratacións das actuacións de roza e a súa execución. Culpan os socialistas de “non ter corrixido esa forma de actuar” e sinalan que as consecuencias están á vista de todos.

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...