InicioEconomíaO insostible cemiterio de vehículos de Lugo

O insostible cemiterio de vehículos de Lugo

O depósito municipal está ateigado con 150 vehículos – Cada ano unha cantidade similar chega aos desguaces – O servizo de grúa atópase en situación irregular

PUBLICADA O

- Advertisement -

A semana pasada, a xunta de goberno de Lugo aprobou o procedemento de licitación da subasta de 56 vehículos abandonados. O lote, cun prezo mínimo de venda de 6.720 euros, é un máis dos que desfilaron nos últimos anos dende o depósito municipal cara o desguace. As instalacións están ateigadas, ata o punto de que conviven no mesmo espazo os vehículos retirados por infraccións e os que quedaron á súa sorte nas rúas lucenses. Hai 150 coches, furgonetas e camións. Apenas entran máis.

Aínda que resulte sorprendente, esta é a situación habitual no depósito municipal. Son demasiadas as ocasións en que os propietarios renuncian a recoller os vehículos para non ter que pagar a estancia nas instalacións, as multas e os desperfectos. Canto máis tempo pasan nesta nave do polígono de O Ceao, menor é a posibilidade de que o dono pague as taxas e poida retiralo. Esta dinámica obriga ao Concello a desfacerse do material por unha fracción mísera do seu valor orixinal. Agora serán 50, pero os outros 100 agardan o mesmo destino.

Interior do depósito municipal de vehículos de Lugo | OB
A parte posterior do depósito municipal de vehículos a vista satélite | Google

Un servizo de retirada moi cuestionado

As grúas son operadas por Cechalva, filial de Vendex, que obtivo o contrato en 2005. Coma recoñeceron no executivo local, era un contrato sobredimensionado, a pesar do cal foi prorrogado en 2015. A medida tivo a súa polémica, pois a empresa está no sumario da Operación Pokémon por supostos sobornos a políticos no proceso de contratación. Para entón xa existía un acordo para a remunicipalización do servizo, un proceso que segundo a alcaldesa Lara Méndez levaría tempo.

O contato expirou en 2016 e polo tanto as dotacións son municipais. Coa obxección do interventor, o goberno socialista segue a pagar á empresa polo servizo de retirada, malia que o mantemento do material e das instalacións corresponde ao Concello. Segundo a fórmula actual, Cechalva percibe case medio millón de euros anuais, pois é a corporación quen asume o déficit do servizo. Noutras palabras, é un contrato demasiado grande para o número de vehículos que son recollidos en Lugo, unha media de 2,5 diarios.

Dende que expirou a licitación, o servizo leva dous anos nun limbo administrativo, e sen solución á vista. A oposición insiste en que o contrato é excesivo, como demostra o escaso quilometraxe da plataforma especial para a retirada de automóbiles. Con todo, o municipio conta cos medios de transporte e almacenaxe –que Lugonovo pide trasladar ao vello matadoiro ou aos terreos que limitan co edificio da Policía Local–, polo que instan a formalizar un novo contrato que poida dotalos de persoal propio.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSOE aposta por converter a estación de autobuses actual nunha residencia de maiores

O portavoz do Grupo Municipal Socialista de Lugo, Miguel Fernández, presentou este xoves unha...

Confirman cinco anos de prisión para un profesor que agrediu sexualmente unha alumna de 9 anos

A Sala do Civil e o Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia...

O Concello de Lugo apoia a recuperación do cuartel de San Fernando sen afectar ao Museo da Romanización

Esta primeira intervención no edificio inclúe actuar sobre a envolvente do edificio, recuperar espazos...

II Xornadas de Análise do Pensamento Galego dedicadas a Ramón Piñeiro en Lugo

    A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, participou hoxe no acto de presentación das II...