InicioLugo e contornaO PSOE de Lugo buscará formar "un goberno estable" co BNG

O PSOE de Lugo buscará formar “un goberno estable” co BNG

"Tivemos unha serie de contactos previos e mañá pola tarde teremos esa primeira reunión oficial e o obxectivo, creo que común, é conseguir ese goberno estable que cremos necesario para dar resposta ás necesidades dos veciños" din desde o PSOE.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O portavoz do goberno local no Concello de Lugo, Miguel Fernández, avanzou que o PSOE buscará formar un “goberno estable” co BNG, grazas á suma dos oito concelleiros socialistas e cinco nacionalistas fronte os dez do PP e os dous de Ciudadanos.

Fernández participará este xoves na primeira reunión oficial entre ambas as formacións, na sala de comisións do Concello a partir das 17,00 horas. De cara o encontro, esgrimiu que o electorado de Lugo “dixo claramente que quería un goberno de esquerdas”. “E co BNG sumamos e podemos dar resposta a esa demanda da cidadanía”.

“Tivemos unha serie de contactos previos e mañá pola tarde teremos esa primeira reunión oficial e o obxectivo, creo que común, é conseguir ese goberno estable que cremos necesario para dar resposta ás necesidades dos veciños“, recalcou.

Fernández apelou a que “as dúas organizacións” teñen experiencia “de chegar a acordos en múltiples ocasións e en múltiples instancias”. De feito, hai vinte anos o ex alcalde Xosé López Orozco recorría a esta fórmula cos seus sete concelleiros e seis do BNG en 1999.

“Os obxectivos son os mesmos que é dar un goberno con estabilidade á cidade de Lugo. As relacións dos grupos municipais foron correctas e cordiais neste catro anos, cunha comunicación constante e permanente, e non teño dúbida que as negociacións serán cordiais porque nos une o mesmo“, presaxiou.

O portavoz en funcións deixou claro que “non se trata de confrontar senón de buscar puntos en común e estamos para servir aos veciños e dar solución ás súas demandas”. “Naqueles puntos onde pode haber formulacións diverxentes trataremos de falar, pero nunha negociación as partes deben ceder”.

ÚLTIMAS

Ainhoa Arteta inaugura coa súa potente voz e ante un cheo total o novo Auditorio Fuxan os Ventos de Lugo

Tras oito anos de espera, este venres abriu as súas portas o novo auditorio...

O luns abre o prazo para apuntarse nas actividades da Reserva Terras do Miño

A Deputación de Lugo abrirá o vindeiro luns o prazo para inscribirse nas novas actividades ambientais...

Denuncian un home en Lugo por levar un martelo-machete de cociña e un coitelo na vía pública

Axentes da Policía Local de Lugo identificaron e denunciaron a un home que portaba...