InicioLugo e contornaTres persoas trasladadas ao hospital tras un impacto frontal entre dous coches...

Tres persoas trasladadas ao hospital tras un impacto frontal entre dous coches na N-V ao seu paso por Lugo

Segundo informa o 112 Galicia, a circulación da estrada tivo que ser cortada debido ao accidente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tres persoas resultaron feridas nun choque frontal entre dous vehículos na N-V á altura de Lugo, ocorrido na madrugada do sábado ao domingo. Dous dos afectados tiveron que ser excarcerados polos bombeiros.

Segundo informa o 112 Galicia, a circulación da estrada tivo que ser cortada debido ao accidente, do que o servizo de emerxencias tivo constancia a través da chamada dunha persoa particular ás 01:00 horas, que alertou que os dous turismos chocaran miembras circulaban polo nacional V. Os xestores do CIAE informaron os bombeiros de Lugo, aos axentes da Garda Civil de Tráfico, á Policía Nacional e Local e aos membros de Protección Civil da localidade.

Os servizos sanitarios xa tiñan coñecemento do accidente e desprazaron unha ambulancia ata o lugar do sinistro. Tras finalizar a intervención, os servizos de emerxencias confirmaron que a circulación na vía restableceuse pouco antes das 03,00 da madrugada deste domingo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...