InicioAncaresA Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes colaborarán na construción...

A Deputación de Lugo e o Concello de Cervantes colaborarán na construción dunha residencia para maiores

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos, anunciou este mércores, tras unha xunta de goberno extraordinaria, a firma dun “convenio de colaboración” co Concello de Cervantes para a construción, neste municipio da montaña, dunha residencia para maiores e centro de día.

Para iso consígnanse 1,6 millóns de euros. “Dos cales desde a Deputación achegamos 1,4 e o Concello (de Cervantes) achegará 200.000 euros”, afirmou. En concreto, situarase en San Román, nunha parcela que “xa adquiriu” o Consistorio e “ofrecerá 30 prazas de residencia e vinte para centro de día”, precisou.

Trátase dun proxecto moi necesario para este concello, cun 40 por cento da súa poboación que supera os 65 anos de idade. Estes fondos supoñen o maior investimento público realizada en Cervantes nas últimas décadas”, comentou Campos.

COMUNICACIÓNS VIARIAS

Ademais, na xunta de goberno acordouse destinar 1,5 millóns de euros “para melloras en comunicacións viarias, co arranxo de 2,2 quilómetros no chamado cinto comarcal ao seu paso polo Concello de Friol cun investimento de 150.000 euros, a rehabilitación doutro tramo de catro quilómetros da estrada de Guitiriz a Vilares de case 179.000 euros e a mellora de 4,5 quilómetros en Antas de Ulla con 186.000 euros.

“E contratamos por un millón de euros as obras de desdobramento e urbanización da Avenida Infanta Elena no Concello de Lugo”, engadiu o presidente provincial. Finalmente, Campos anunciou que o pleno para a aprobación do Plan Único, que contempla investimentos nos 67 concellos da provincia de Lugo, celebrarase o próximo 21 de maio.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...