InicioSen categorizarAprobadas subvencións por un millón de euros para o tecido asociativo da...

Aprobadas subvencións por un millón de euros para o tecido asociativo da cidade

Nesa sesión plenaria quedou aprobado o Plan Estratéxico de Concesión de Subvencións do Concello de Lugo para este ano, así como outorgar axudas nominativas a diversos colectivos lucenses.

PUBLICADA O

O pleno do Concello de Lugo aprobou, nunha sesión extraordinaria que se celebrou esta mesma tarde, a concesión de subvencións para o tecido asociativo da cidade por un importe que supera o millón de euros.
Nesa sesión plenaria quedou aprobado o Plan Estratéxico de Concesión de Subvencións do Concello de Lugo para este ano, así como outorgar axudas nominativas a diversos colectivos lucenses por un importe de 1.165.717 euros.
En concreto, o Concello de Lugo destina 631.500 euros a entidades deportivas, 109.900 euros a colectivos culturais, 32.362 euros a organizacións vinculadas á muller, 253.957 euros a servizos sociais; 105.000 euros a medio ambiente e 33.000 euros a participación cidadá.
APP
O Concello de Lugo presentou unha nova aplicación para dispositivos móbiles (APP) sobre as dez portas da Muralla romana, monumento declarado Patrimonio da Humanidade, que lles permitirá aos usuarios coñecer máis e mellor a historia de cada unha delas, en particular, e do monumento bimilenario, en xeral.
Segundo informou o goberno local, esta iniciativa, que leva por nome ‘aumentar Lugo’, permitirá aos usuarios “coñecer a cidade e a historia a través de realidade aumentada, con guías turísticos virtuais”.
Está dispoñible tanto para Android como para o sistema operativo iOS e está publicitada para a súa descarga, precisamente, nos sinais de cada unha das portas da Muralla, que dan acceso ao centro histórico da cidade. A concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, acompañada polo arqueólogo municipal, Enrique González, comprobaron hoxe o funcionamento da nova aplicación en Pórtaa Miñá e a Porta Falsa.
Ademais, o Concello de Lugo acaba de editar novo material de difusión e información turística sobre a rede de museos municipal, as xanelas arqueolóxicas da cidade, a Catedral e O Cárcere Vello, en galego, castelán, inglés, francés e alemán.
+ posts

ÚLTIMAS

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...

Condenan a nove anos por maltratar e agredir sexualmente á filla menor da súa parella

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo condenou a nove anos e un...