Home Terra Chá Cospeito A causa da morte da nena de 7 anos en Cospeito segue sendo un misterio

A causa da morte da nena de 7 anos en Cospeito segue sendo un misterio

0
A causa da morte da nena de 7 anos en Cospeito segue sendo un misterio
A casa de Cospeito na que apareceu o cadáver da nena | Arquivo

O Xulgado de Instrución número 1 de Vilalba prosegue coas dilixencias para esclarecer a morte dunha nena de sete anos achada morta o pasado venres pola mañá na vivenda na que residía no municipio lucense de Cospeito.

Así o sinalaron fontes xudiciais, despois de que o equipo forense practicase a autopsia este domingo, e matizaron que seguen as dilixencias no marco desta causa, que prosegue declarada secreta e non hai detidos ata o momento.

Axentes da Garda Civil acudiron o pasado venres a unha casa familiar na parroquia de Muimenta polo falecemento dunha nena. Á espera dos resultados do forense sobre a autopsia, a Benemérita apuntou a ausencia externa de signos de violenta.

Con todo, transcendeu que unha das hipóteses coas que se traballa é que morrese por unha intoxicación, trala aparición dunhas pastillas que tomaba a nai da nena para trastornos psicolóxicos. Tamén se investiga unha substancia escura atopada na botella da que habitualmente bebía auga a cativa e que foi atopada noutro recipiente.

A nai da nena, que non acudiu ao funeral da súa filla por recomendación médica, foi ingresada no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo tras sufrir un ataque de ansiedade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here