InicioPolíticaCríticas a Manuel Martínez: "Pretende sacar o mesmo salario no Concello ca...

Críticas a Manuel Martínez: “Pretende sacar o mesmo salario no Concello ca na Deputación”

Ao BNG non lle parece "ético" que nun municipio de 3.000 habitantes haxa un soldo de 3.000 euros para o alcalde e outro de 1.866 para o tenente de alcalde

PUBLICADA O

- Advertisement -

A organización salarial do goberno municipal de Becerreá é obxecto de críticas por parte do grupo do BNG, que a consideran un intento por “manter o nivel de vida que se tiña na Deputación”. Os nacionalistas denuncian as prácticas “recadatorias” da executiva “á hora de impoñer nos plenos os seus propios salarios”, con 3.000€ para o alcalde, Manuel Martínez, e 1.866 para o tenente de alcalde.

A voceira do BNG local, Sabela Pérez, non ve lóxica a magnitude deses salarios nun concello de 3.000 habitantes, como é o caso de Becerreá. Á proposta do grupo de goberno para fixar dúas adicacións exclusivas, o grupo nacionalista votou en contra. Becerreá “sempre funcionou cunha soa adicación plena”, din.

Porén, a maioría absoluta dos de Martínez posibilitou a aprobación dun soldo de 3.000€ para o alcalde (trienios á parte) e outro de 1.866€ para o tenente de alcalde. “Aínda que poida estar dentro da lei, non nos parece ético”, consideran no BNG, “é un desembolso abusivo para as nosas arcas”. No seu lugar, apostan por “conter o gasto” e reservalo para ofrecer servizos para o pobo, “non para manter o nivel de vida que se tiña na Deputación, máxime cando os dous concelleiros poderían estar cobrando a xubilación e xa non afectaría aos nosos orzamentos”.

Por outra banda, o BNG tamén lamenta outra das iniciativas que saíu adiante cos votos a favor da corporación: a raíz dela, restaríanselle funcións ao Pleno, que pasarían a ser competencia da xunta de goberno. “Aos concelleiros quédanos un mero papel de espectadores”, conclúe Pérez.

ÚLTIMAS

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...

A Policía detén dous homes por presunta violencia machista en dous días consecutivos

A Policía Local de Lugo detivo o domingo e o luns a dous homes...