InicioLugo e contornaO PP presenta nova documentación contra a alcaldesa de Lugo por acumular...

O PP presenta nova documentación contra a alcaldesa de Lugo por acumular contratos caducados

Os populares achegaron este xoves nova documentación, correspondente ao pleno do mes de abril, na que "se acredita" que ata "67 veces" se asinaron "reparos de legalidade "contra o informe do interventor municipal ".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O PP de Lugo presentou nova documentación á súa denuncia contra a alcaldesa da cidade, Lara Méndez, e o equipo de Goberno, a quen acusa de acumulación de contratos caducados, que ascenden a uns 44, e dunha “presunta ilegalidade de prevaricación e malversación de fondos públicos”.

Así o fixo o portavoz do PP, Antonio Ameijide, ante a secretaria do xulgado número uno de Lugo dado que a xuíza, Pilar de Lara, está de baixa, suspendéndose a declaración do interventor municipal e do xefe de servizo de contratación.

Os populares achegaron este xoves nova documentación, correspondente ao pleno do mes de abril, na que “se acredita” que ata “67 veces” se asinaron “reparos de legalidade “contra o informe do interventor municipal “para facer fronte ao pago destes 44 servizos, que a día de hoxe seguen sen contrato co concello de Lugo”.

“Seguen eses indicios de actuación irregular. Agora hai que deixar que actúe a xustiza e que a alcaldesa das explicacións que ten que dar polo motivo polo que se segue mantendo esta situación“, concede. Ameijide denunciou que “a día de hoxe” páganse máis de 20 millóns de euros ao ano a empresas “sen contrato en vigor co Concello”.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...