InicioLugo e contornaLugoDarío Campos mostra a súa disposición a repetir como presidente da Deputación...

Darío Campos mostra a súa disposición a repetir como presidente da Deputación de Lugo tras o 26M

Destaca o traballo feito polos socialistas na provincia, ao que atribúe os bos resultados do PSOE en Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Deputación de Lugo e alcalde da Pontenova, o socialista Darío Campos, manifestou este martes a súa disposición a repetir como candidato para liderar de novo o goberno da institución provincial.

“Cando se xoga un partido hai que ir gañalo, despois hai que aceptar o resultado, pero si que vou ir a gañar ou a tentar ir gañar para poder seguir coa mesma liña de traballo”, manifestou este martes.

A menos dun mes para que se celebren as eleccións municipais, que terán lugar o 26 de maio, Campos realizou unha “valoración moi positiva” dos últimos meses de goberno tras facerse coas rendas da deputación tras unha moción de censura que desbancou á popular Elena Candia.

Precisamente, o político socialista vinculou o resultado alcanzado polo PSOE este domingo na provincia de Lugo –quedou a pouco menos de 800 votos do PP– ao traballo realizado polos socialistas lucenses. “Esa redistribución de fondos con carácter obxectivo para todos os concellos e para todos os veciños ten que marcar un antes e un despois do traballo desta deputación e eu síntome orgulloso de ter feito ese traballo“, destacou.

Así, incidiu na “redistribución de fondos (Plan Único)”, que comparou co feito pola Xunta de Galicia ao criticar que dos máis de “20 millóns” repartidos polo Goberno de Fejióo, o 80% dos fondos recaesen en administracións do PP. “Nós podemos ir coa cabeza alta por toda a provincia e en todos os concellos da provincia temos claro que actuamos para todos os veciños”, defendeu.

REPROBACIÓN

Ademais, preguntado pola intención do PP e o deputado non adscrito Manuel Martínez de pedir o seu reprobación no pleno provincial, Darío Campos, atribuíu esta petición ao feito de que o seu goberno está “a facer ben” as cousas.

“Se che reproba a oposición non é por algo que fixeses mal”, manifestou para asegurar que goberno pode “ir coa cabeza moi alta por toda a provincia”. “Non fixemos ningunha cafrada e fixemos unha distribución de fondos para todos os concellos e para todos os veciños da provincia e eles (polo PP) non poden dicir o mesmo a nivel galego (da Xunta)”, apuntou.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo carga contra a lei de administración local da Xunta por “debilitar” aos concellos

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, rexistrou un documento con máis de...

O BNG pide coñecer o estado dos 186 pisos da Sareb en Lugo e o seu traspaso á Xunta

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, rexistrou unha serie de preguntas na...

Luz verde ambiental da Xunta á ampliación do parque empresarial do Corgo

A Xunta deu luz verde ambiental con condicións ao proxecto para ampliar o parque...

A presidenta da Deputación e o alcalde de Lugo supervisan as obras na avenida Adolfo Suárez

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...