InicioCulturaFIV 2019: A caída do muro de Vilalba

FIV 2019: A caída do muro de Vilalba

Por iso é polo que o do FIV sexa como a caída do muro, o esborralle dun mito, o cambio da B polo V, a pesar de que (ou precisamente porque) Jota continúa condensando o carisma propio dos líderes do pop dos 90.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Segundo premio, Pesadilla en el parque de atracciones, Un buen día e Corrientes circulares en el tiempo. É difícil un inicio de concerto máis apoteósico para calquera fan dos Planetas e, paradoxalmente, tamén é complicado imaxinar un escenario máis frío para nostálxicos que o deste sábado no FIV de Vilalba.

Os Planetas son ese grupo que en 2009, cando tocaron gratis nas festas de San Froilán de Lugo, por pór un exemplo sen saír da provincia, xa eran unha banda de puretas. E en tempos de indie industrial e novos referentes, o festival de música independente (sic) de Vilalba é todo un símbolo dunha tendencia que impera e que triunfa e que deixa aos Planetas en segundo plano á beira do confeti doutras bandas.

Por iso é polo que o do FIV sexa como a caída do muro, o esborralle dun mito, o cambio da B polo V, a pesar de que (ou precisamente porque) Jota continúa condensando o carisma propio dos líderes do pop dos 90.

Unha sesión que soou a máis popurrí prefabricado para citas festivaleras que á maxia que os de Granada invocan en datas especiais (e coetáneas con espectáculos como o do FIV!) como o autohomenaje dos 20 anos dunha semana no motor dun autobús ou a Fuerza Nueva que lles une con Niño de Elche.

Cegados pola camisa prateada de Eric á batería e os rifs de Florent á guitarra, os fivers apenas se animaron algo con Islamabad, que foi un dos momentos máis intensos dunha noite de reflexión que na terra de Fraga viviuse a golpe de moderneo.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

‘Arredor do Té’, conversas sobre o pobo saharauí chega a Lugo

A Área de Política Social, Maiores, Migración, Muller e Conciliación do Concello de Lugo...

Condenado a un ano de cadea por maltratar á súa parella mais queda eximido de violación

A Audiencia Provincial de Lugo condenou a un ano de cárcere a un home...