InicioMovementos sociaisO belén da igrexa de Momán inclúe críticas á política migratoria ou...

O belén da igrexa de Momán inclúe críticas á política migratoria ou a pederastia

Un ano máis, o párroco Rodríguez Patiño denuncia coas figuras do nacemento as situacións de inxustiza social e a "falta de humanidade"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A violencia de xénero, os desafiuzamentos, as desigualdades sociais ou as políticas de inmigración son algunhas das cruas realidades representadas no crítico belén da igrexa de Momán, en Xermade. Un ano máis, o párroco, Luís Ángel Rodríguez Patiño, quen pedira á Igrexa que non aceptara os restos do ditador Franco, quixo dar forma a unha “denuncia das distintas situacións sociais que vivimos”.

O nacemento aparece reflectido, entón, dun xeito un tanto diferente: nesta historia, os bancos desafiuzaron a familia de Xesús, así que este verá a luz nun pequeno pendello que contrasta coa “opulencia do Castelo de Herodes”, empedrado coma se fose de mármore. Nese punto do belén, obsérvase un valado de arame “que impide pasar aos reis, especialmente ao negro”. É unha crítica ás políticas de inmigración e, especialmente, ao famoso muro de Donald Trump na fronteira mexicana.

A “falta de humanidade” que permite situacións de pobreza enerxética represéntase neste Belén botando man dunha sinagoga completamente iluminada fronte a outras casiñas sen un ápice de luz, onde “os nenos dos pastores pasan fame”. Hai, tamén, unha prisión que castiga a Igrexa e os políticos, “encarcerados por corrupción e pederastia”, ademais dunha vivenda que mostra unhas mulleres explotadas laboralmente e que sufriron violencia de xénero.

Esta iniciativa xa se materializou noutras ocasións. O ano pasado, por exemplo, o belén dáballe visibilidade aos refuxiados, á caída dos prezos do leite ou aos escraches. O ínclito cura de Momán oficia asemade en Labrada (Guitiriz) e Xestoso (na provincia da Coruña).

+ posts

ÚLTIMAS

Récord histórico de matrícula no curso 2025-2026 na UNED de Lugo

O centro asociado da UNED en Lugo pechou o segundo prazo de matrícula do...

O PP aproba no Senado unha iniciativa para a rehabilitación do mosteiro de Vilar de Donas

O PP fixo uso da súa maioría absoluta no Senado para aprobar unha iniciativa...

Consideran “consistente” a declaración dunha das nenas que denunciaron un profesor por presunta agresión sexual

O xuízo contra o profesor de música de Albeiros acusado de agresión sexual a...

O PSOE de Baralla denuncia a falta de médicos no centro de saúde e a inacción do PP

O PSdeG de Baralla denuncia novamente a grave situación sanitaria que sofre o municipio...