InicioSucesosUn lucense inicia unha folga de fame en protesta polo ruído duns...

Un lucense inicia unha folga de fame en protesta polo ruído duns veciños que non lle deixan durmir

Juan Carlos Rivas Varela esíxelle ao Concello que tome medidas respecto dunha situación que empezou hai máis dun ano. “Escóitanse berros, insultos, portazos e ata un monopatín que percorre o piso dun lado a outro de madrugada”, quéixase. "Isto non é vida".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Un veciño de Lugo, Juan Carlos Rivas Varela, plantouse este xoves ante o Concello da capital lucense e iniciou unha folga de fame para esixir que a administración local lle busque unha solución aos problemas que está a ter cos veciños de arriba da súa vivenda desde hai máis dun ano. Quéixase de que non lle deixan pegar ollo nin a el nin á súa muller “ata altas horas” da madrugada.

En declaracións a EFE, Juan Carlos, que vive nun edificio na parte alta da Avenida da Coruña, asegura que os moradores do piso superior non “deixan de facer ruído ata as tres ou as catro da madrugada, porque ao día seguinte dormen ata as dúas da tarde”, o que converteu a convivencia nun auténtico inferno para el e para a súa muller.

“Escóitanse berros, insultos, portazos e ata un monopatín que percorre o piso dun lado a outro de madrugada”, narra Juan Carlos Rivas, quen tamén explicou que a Policía Local se presentou en varias ocasións e tramitou as correspondentes denuncias, pero “a eles dálles igual, porque son insolventes e non pagan as multas”. Rivas apunta que a situación se volve mesmo peor nese suposto, porque “cando se van os axentes fan aínda máis ruído”.

Este home, di, falou co propietario, pero de momento, aínda que lle dixo que nin sequera teñen ao día “o pago do aluguer”, non “fixo nada” efectivo para liquidar esta situación.

“ISTO NON É VIDA”

A finais de maio, Juan Carlos, que foi sometido a dúas operacións oncolóxicas nos últimos anos, presentouse no Concello de Lugo para pedir axuda, pero a pesar “das promesas” a situación non cambiou nada. Chegados a este punto, asegura que está disposto a manter a folga de fame ata que se solucione unha situación que non lle deixa “vivir”.

“Levamos un ano sen poder durmir. Ata as tres ou as catro da madrugada non paran os ruídos e a miña muller ten que levantarse ás seis da mañá para saír a traballar. Non podemos vivir. Non podo vivir. Non penso marchar ata que me dean unha solución”, asegura. “Isto non é vida. Non se pode vivir con esta tensión. Non podemos máis”, conclúe.

ÚLTIMAS

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...

A feira de gando do San Froilán no punto de mira: rexeitada a moción do PP para investigala

O Goberno local de Lugo, co voto de calidade do alcalde debido á ausencia...

A Deputación terá 135 millóns máis nos seus orzamentos para 2026

A Deputación de Lugo contará en 2026 cun orzamento de 135 millóns de euros,...