InicioSucesosCondenan a 25 anos e medio ao home que asasinou á súa...

Condenan a 25 anos e medio ao home que asasinou á súa muller en Becerreá

A sentenza di que "trataba con dominación e desprezo a súa muller, querendo ter el sempre a última palabra, polo que non aceptou a ruptura".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo, de acordo co veredicto do tribunal do xurado, impuxo 25 anos e medio de cárcere ao home que en 2016 matou á súa muller disparándolle cunha escopeta diante dos dous fillos menores da vítima no domicilio familiar, situado en Becerreá.

O sospeitoso, informou o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, foi considerado culpable dun delito de asasinato, coas agravantes de parentesco e desprezo de xénero, dun delito de ameazas e doutro de malos tratos. A sentenza indica no apartado de feitos probados polo Tribunal do Xurado que o acusado disparou por detrás á súa muller cando ela, diante dos seus dous fillos e da súa sogra, díxolle que quería o divorcio.

O disparo produciuse, segundo o xurado, “de forma sorpresiva e sen posibilidade de defensa por parte da vítima, pois aproveitou que se atopaba totalmente de costas”. “A actuación do condenado respecto da súa muller obedecía á súa intención controladora e posesiva sobre ela, a quen trataba con dominación e desprezo, querendo ter el sempre a última palabra, polo que non aceptou a ruptura“, indica a sentenza.

UN FILLO FERIDO

Ademais, o Tribunal do Xurado considerou que disparou a pesar de pór “en perigo” a un dos fillos da falecida, a quen o tiro impactou nunha man e na coxa esquerda. O condenado tamén foi sentenciado á prohibición de comunicarse e aproximarse aos dous fillos da vítima durante 37 anos e a cinco anos de liberdade vixiada.

Como indemnización, deberá abonarlle a cada un deles 101.000 euros en concepto de responsabilidade civil e prexuízos psicolóxicos. Á nai da falecida deberá pagarlle 41.000 euros; e, á súa irmá, 16.000. O Tribunal do Xurado rexeitou a concorrencia das atenuantes propostas pola defensa.

Así, descartou que o acusado estivese embriagado cando ameazou á súa muller ou que cometese o asasinato nun estado de ofuscación ou de arrebato. Tampouco considerou probado que o procedemento xudicial tardase en desenvolverse un tempo superior ao que está justificado nin que o condenado axudase, coa súa confesión, a pescudar o sucedido.

ÚLTIMAS

Detidos dous veciños por roubar 1.750 válvulas de bombonas de butano

A Garda Civil detivo na madrugada do xoves a dous veciños de Ferrol, de...

A Deputación de Lugo presume de política social con 136 millóns: “construimos 13 residencias en oito anos e a Xunta, 0”

Os orzamentos da Deputación de Lugo crecerán en 2026 ata superar os 135 millóns...

TSXG ratifica a condena a dous homes por traficar con drogas valoradas en máis de 18.000 euros

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG)...

Detidos tres homes nun operativo policial con 1,6 kg de droga e máis de 1.800 euros

A Policía Nacional desmantelou en Lugo dous puntos de preparación, corte e venda de...