InicioSucesosDetidas tres persoas por roubos en tendas de telefonía móbil de Lugo...

Detidas tres persoas por roubos en tendas de telefonía móbil de Lugo e outras provincias

A detención tivo lugar o pasado sábado 19 de outubro. A investigación comezou este mes cando se detectou un incremento de roubos cometidos en tendas de telefonía móbi

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Garda Civil desmantelou unha organización criminal especializada en roubos en tendas de telefonía móbil. Foron detidos o tres integrantes da organización, aos que se lles atribúen máis de dez roubos nas provincias de Asturias, Cantabria, Valencia e Lugo. O xuíz decretou o ingreso en prisión de todos eles.

Con esta actuación recuperouse gran cantidade de teléfonos móbiles de alta gama, así como diñeiro en metálico e diversos útiles empregados na comisión dos feitos delituosos, segundo informou a Garda Civil en nota de prensa este mércores. En total, valorouse o material subtraído e os danos ocasionados en máis de 150.000 euros.

A detención tivo lugar o pasado sábado 19 de outubro. A investigación, levada a cabo polo Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Oviedo e o Equipo Territorial de Policía Xudicial de Luarca, comezou este mes cando se detectou un incremento de roubos cometidos en tendas de telefonía móbil.

Os roubos eran cometidos de noite, a altas hora da madrugada, cando non había persoas próximas aos establecementos. A súa maneira de actuar era a de violentar os cristais dos escaparates dos locais comerciais mediante fractura, empregando para iso un bloque de formigón ao que ataban unhas cordas para o seu uso a modo de ariete. Unha vez dentro das tendas, fracturaban o mobiliario con machadas, centrando a súa actividade na subtracción de móbiles de alta gama.

+ posts

ÚLTIMAS

Fademur denuncia “déficit de profesionais” nos municipios da montaña lucense e apoia a mobilización do xoves

Fademur Galicia denunciou a «carencia de profesionais» que padecen os municipios da montaña lucense...

Continúa ingresado o home que presuntamente apuñalou á súa nai durante un brote psicótico

O home detido o domingo na cidade de Lugo por presuntamente apuñalar á súa...

Candia compromete solucións para os pavimentos da ZBE

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Mobilidade e Infraestruturas, Antonio...