InicioSucesosDetido un home por roubar nunha xoiaría de Lugo tras desmontar unha...

Detido un home por roubar nunha xoiaría de Lugo tras desmontar unha vitrina portátil

Tras facer un seguimento das xoias, os axentes detectáronas en varios establecementos de compra venda, polo que os obxectos subtraídos puideron ser recuperados.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Axentes da Policía Nacional detivo a un home de 43 anos por roubo con forza en relación á subtracción realizada nunha xoiaría tras desmontar unha vitrina portátil, da que levaron a mercadoría exposta.

Segundo informou a Policía Nacional, esta detención produciuse na mañá deste xoves 27 en relación aos feitos sucedidos o pasado día 17 cando o dono da xoiaría atopou desmontada unha vitrina portátil situada á saída do establecemento, con xoias de oferta, e constatou que lle subtraeron todo do seu interior.

Os investigadores identifican os autores do roubo; dous individuos que sobre as 10,30 horas do día 17 de xuño desmontaron os cristais da vitrina e levaron o botín, composto por seis reloxos, gargantillas e aneis, cun valor aproximado de mil euros.

Tras facer un seguimento das xoias, os axentes detectáronas en varios establecementos de compra venda, polo que os obxectos subtraídos puideron ser recuperados.

Ademais, a Policía estableceu un dispositivo de procura de ambos os delincuentes, no marco do cal localizou a un deles o este xoves 27 de xuño. O home “ante a presenza policial non dubido en empregar a violencia e tentou fuxir”, indicaron as mesmas fontes.

No entanto, o home, que conta con antecedentes penais, foi detido nese momento e imputóuselle, ademais dun roubo con forza, un delito de atentado a axentes da autoridade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP esixe a Carmela López que aparte “de maneira fulminante” a José Tomé tras ratificarse a denuncia por acoso

Os deputados do Grupo Provincial do Partido Popular esixiron á presidenta da Deputación, Carmela...

María Reigosa presidirá a Comisión de Urbanismo no Concello de Lugo sen votos en contra

O Concello de Lugo constituíu este xoves as diferentes comisións previas de pleno e...

O Concello de Lugo asina acordos para mercar terreos para a conexión da Intermodal coa cidade

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, e o concelleiro de Urbanismo, Ramón Cabarcos, informaron...