InicioDeportesVicepresidencia da Deputación e o CB Breogán dan apoio a ASORLU no...

Vicepresidencia da Deputación e o CB Breogán dan apoio a ASORLU no último partido da tempada

O CB Breogán dedicará o último partido da temporada no Pazo - mañá, ás 18:00 horas ante Zaragoza - a visibilizar a labor da Asociación de Persoas Sordas de Lugo (Asorlu)

PUBLICADA O

- Advertisement -

O vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, o director xeral do CB Breogán Salva Arco e a vicepresidenta de Asorlu Mónica Lourés presentaron esta mañá a iniciativa, que ofrece á entidade lucense os espazos promocionais do Pazo e o alcance das redes sociais do CB Breogán para difundir a súa rede de recursos e serviros e sensibilizar sobre a necesidade de avanzar nunha sociedade máis inclusiva en todos os ámbitos.

Efrén Castro sinalou que “remata unha gran temporada no deportivo, que foi tamén de apoio a distintas iniciativas do ámbito social no Pazo, dedicando o último encontro a Asorlu, unha entidade con máis de 50 anos de actividade que, entre outras moitas cousas, facilita que os plenos da Deputación de Lugo cheguen a todas e todos a través da lingua de signos. O Pazo é un bo escenario para nos recordedes ás administracións e á sociedade, que aínda que avanzamos en inclusión queda moito camiño por recorrer”

Mònica Lourés valorou “a iniciativa que nos permitirá difundir o traballo que desenvolvemos para mellorar a calidade de vida das persoas sordas e dar visibilidade tamén a lingua de signos”.

Salva Arco mostrouse “encantado de poder desenvolver estas accions durante todo o ano. Imos aproveitar o partido contra Zaragoza para que máis xente vos siga coñecendo e saiba da gran labor que facedes”.

A iniciativa desenvólvese no marco do acordo de patrocinio co que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo apoia ao CB Breogán e que inclúe, entre outras accións, a participación do club en iniciativas de sensibilización e visibilización realizadas por entidades sociais, no fomento do deporte e dos hábitos saudables ou na posta en valor de recursos e espazos culturais, patrimoniais e ambientais.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia presume do éxito do Caudal Fest tras xuntar a “40.00 persoas”

O Caudal Fest pechou este fin de semana a súa oitava edición con preto...

O PP denuncia que Lugo sexa “a única provincia sen posto principal da Garda Civil”: “É unha discriminación máis”

Os senadores lucenses do PP, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano,...

A Fiscalía eleva a 12 anos e medio a petición de cárcere para o acusado de maltratar e agredir sexualmente a filla de 4...

A Audiencia Provincial de Lugo acolleu este luns o xuízo contra un home acusado...

Acusado de introducir droga no cárcere de Bonxe tras regresar dun permiso penitenciario

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro venres a audiencia preliminar do caso...