InicioLugo e contornaLugoO Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán...

O Pleno de Lugo aproba iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes como fillo predilecto

O goberno local habilitará no quiosco situado ao fondo da Praza Maior baños públicos e un punto de información turística, dando resposta a unha demanda existente nun dos espazos máis céntricos e transitados da cidade

PUBLICADA O

- Advertisement -

 

O Pleno do Concello de Lugo aprobou hoxe por unanimidade unha proposta que impulsou o goberno local para iniciar o expediente de nomeamento de Xoán Montes Capón como fillo predilecto da cidade, nun acordo co que se busca recoñecer e poñer en valor o legado cultural, musical e humano dunha das figuras máis destacadas da historia de Lugo.

Desde o goberno local destacouse que a memoria e a obra de Xoán Montes “merecen altura política, responsabilidade e sentido institucional”, subliñando que se trata dunha distinción que debe representar ao conxunto da cidade e recoñecer unha figura que forma parte do patrimonio colectivo de Lugo.

A solicitude formal foi presentada no Rexistro Xeral do Concello o 17 de outubro de 2025 pola Asociación Orfeón Xoán Montes e contou co apoio de numerosas entidades e representantes do ámbito musical, cultural e educativo da cidade.

Entre os asinantes figuran o Seminario Diocesano de Lugo, o Círculo das Artes, a Banda Municipal de Lugo, o Conservatorio Profesional de Música, o Orfeón Lucense, o Coro do Hospital Xeral Calde, o Coro Lucus Terra, o Coro Xuvenil de Lugo, o Coro Amigos do Camiño, o Coro Adas do Colexio Fingoi, Lucus Ensemble, Son de Lugo, a Asociación Cultural e Musical Reviravolta, a Coral Xolda, a Coral Solo Voces, a Schola Gregoriana Lucensis, a Banda Filharmónica de Lugo, a Orquestra Terra Nova, a Asociación Cántigas e Frores, o IES Xoán Montes e a Coral Cantar Delas, ademais do propio Orfeón Xoán Montes como entidade promotora da iniciativa. A alcaldesa puxo en valor o consenso acadado arredor desta proposta e o traballo realizado polas entidades que impulsaron esta petición.

HABILITACIÓN BAÑOS PÚBLICOS

O goberno local habilitará no quiosco situado ao fondo da Praza Maior baños públicos e un punto de información turística, dando resposta a unha demanda existente nun dos espazos máis céntricos e transitados da cidade. A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, explicou que a Área de Participación Cidadá fixo entrega do decreto que permite formalizar a incorporación deste inmoble ao patrimonio municipal.

Segundo recolle o informe do Servizo de Contratación e Patrimonio, a acta da subasta pública celebrouse o pasado 21 de maio de 2026 e, ao quedar deserta, iniciáronse os trámites para a adxudicación do quiosco a favor do Concello de Lugo.

O propio informe municipal sinala que este espazo permitirá cubrir dúas necesidades existentes na Praza Maior, ao non contar actualmente nin con aseos públicos nin cun punto fixo de información turística nesta contorna. Desde o goberno local indican que esta actuación forma parte do traballo que se está desenvolvendo para avanzar na mellora de servizos e equipamentos públicos da cidade.

+ posts

ÚLTIMAS

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Declaración negativa para o parque eólico ‘Navallos’, entre Castroverde e Baralla, por efecto sobre avifauna

A Xunta formulou declaración de impacto ambiental desfavorable ao proxecto de parque eólico 'Navallos',...

Elena Candia: “Imos ter unha grande edición do Arde Lucus, a pesar da oposición”

A cidade de Lugo volverá transformarse na antiga Lucus Augusti do 18 ao 21...

Polémica no Consello Escolar de Lugo: Erguer denuncia a “expulsión” do seu voceiro e o Concello sinala repetidas “interrupcións”

O primeiro Consello Escolar Municipal co novo concelleiro de Educación de Lugo, Javier Vázquez,...