InicioSociedadeAs deputadas do PPdeG vístense con 'animal print' en apoio a Elena...

As deputadas do PPdeG vístense con ‘animal print’ en apoio a Elena Candia

Criticaron no Parlamento o comentario machista de José Tomé, que aludira ao "aspecto de leopardo" da presidenta dos populares lucenses.

PUBLICADA O

- Advertisement -

As deputadas do PPdeG no Parlamento Galego simbolizaron hoxe o seu apoio a Elena Candia tras o comentario machista do presidente da Deputación, José Tomé, en alusión á vestimenta da líder dos populares lucenses. As compañeiras de Candia vestíronse con estampados de ‘animal print’ e criticaron no Hórreo que se siga cuestionando as mulleres pola roupa que levan.

As mulleres temos que ter a liberdade de pensar, actuar e vestir como queiramos. Ninguén pode discriminarnos ou criticarnos por ir como queiramos ir, porque ese é o cerne da violencia de xénero”, subliñou a deputada do PPdeG, Paula Prado.

O presidente provincial, José Tomé, fixera unhas declaracións acerca da roupa de Candia durante un acto de protesta do PP en San Marcos. Fixera mención ao seu “aspecto de leopardo” e mesmo a comparara co “vaqueiro americano que entrou no Capitolio dos Estados Unidos”. Tomé pediu desculpas este sábado por tales comentarios.

APOIO DO BNG

No pleno, tamén a líder do BNG, Ana Pontón, quixo trasladar a Elena Candia todo o apoio dos nacionalistas. “Parécenos inadmisible que, en pleno 2021, unha muller teña que ser atacada por como viste. Parécenos inadmisible veña de onde veña”, subliñou.

Tras a intervención de Pontón e na súa quenda de palabra, a socialista Noa Díaz expresou os seus “respectos” a Candia e asegurou que espera que “acepte as desculpas” que, conforme indicou, xa foron “trasladadas onte”.

Paula Prado agradeceu estas palabras, pero tachounas de “xesto tímido” e aproveitou para criticar que o líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, reducise as declaracións de Tomé a “un comentario pouco afortunado”.

ÁLVARO SANTOS SÚMASE ÁS CRÍTICAS

Quen tampouco se mantivo alleo á polémica foi Álvaro Santos, un dos socialistas que protagonizara tensións no pasado con José Tomé.  A través do seu perfil en Facebook, o exsecretario do PSdeG en Lugo cualificou de “intolerables” as palabras de Tomé e asegurou que a el non o representa nin “como lucense nin como militante do PSOE”.

ÚLTIMAS

Carlos Blanco será o pregoeiro da XXIX Festa do Queixo de San Simón

Vilalba acolle esta fin de semana unha nova edición, e xa van vinte e...

Ofertan 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía do sector da alimentación de Lugo

Adecco publicou este mércores unha oferta de emprego de 100 prazas para labores de panadaría nunha compañía...

Dous cabalos soltos en pleno centro de Lugo

A Policía Local de Lugo informou de que, o pasado 28 de marzo, localizou na Avenida...

Ferido un neno despois de ser atropelado en Baralla ao baixar do autobús escolar

Un neno resultou ferido este xoves ao sufrir un atropelo en Baralla. Segundo informou...