InicioSociedadeO Sergas inicia este sábado a vacinación de 2.500 lucenses de entre...

O Sergas inicia este sábado a vacinación de 2.500 lucenses de entre 50 e 55 anos

Os usuarios empezarán a ser avisados dende mañá. Comezarase na letra H.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) anunciou que iniciará o sábado a vacinación das persoas incluídas no grupo de idade de 50-55 anos, que a partir deste xoves comezarán a ser citadas informándoas do día, lugar e hora para recibir a vacina contra o coronavirus. Segundo as mesmas fontes, comezarase pola letra H.

A vacinación deste colectivo realizarase nos tres hospitais da provincia, para un total de 2.500 vacinas previstas na xornada do sábado. Na Mariña 500 persoas recibirán a vacina, de acordo coa mesma previsión; no Hospital Universitario Lucus Augusti vacinarase ese mesmo día a 1.700 lucenses de entre 50 e 55 anos, e no centro hospitalario de Monforte poñerase a primeira dose do antídoto contra a Covid-19 a 300 cidadáns.

Preguntadas sobre o ritmo de vacinación nas outras franxas de idade, as fontes do Sergas non concretan a situación, que é “moi variable” dependendo dos casos. Maiores e traballadores das residencias, así como profesionais sanitarios, foron os primeiros en recibir a vacina. No tocante aos maiores de 80 anos, comezouse o pasado 22 de febreiro. Tamén comezou a subministrarse o antídoto a docentes e integrantes das forzas e corpos de seguridade.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.

ÚLTIMAS

Así estafaron 265.000 euros a unha empresa de Lugo

Axentes da Garda Civil detiveron, no marco da operación 'Crepera', ao presunto autor dun...

Cortado un carril da A-6 en sentido a Lugo tras envorcar un camión á altura de Carballedo

O envorco dun camión na A-6 no quilómetro 461, á altura de Carballedo, obrigou...

A Deputación destina 1,5 millóns a varias obras no Concello de Xermade

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé, supervisou en Xermade as diferentes obras...

A Audiencia de Lugo absolve a un acusado de violar á que era a súa parella, por contradicións e falta de credibilidade

A sección segunda da Audiencia Provincial de Lugo acordou absolver a un mozo acusado de dous delitos...